Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

V edición de Compostela Ilustrada

A V edición de Compostela Ilustrada contará con mais de 120 participantes de países como Italia, Francia, EEUU ou mesmo Illa reunión.
compostela-ilustrada-slide-27-outubro-2022_r

Compostela, 27 de outubro do 2022 – A V edición de Compostela Ilustrada contará con mais de 120 participantes de países como Italia, Francia, EEUU ou mesmo Illa reunión.

Compostela Ilustrada ten este ano como lema “A Santiago Vou” e foi presentada este mércores no concello de Santiago. No acto participaron Xurxo Souto en representación da Deputación da Coruña, Mercedes Rosón, concelleira de acción cultural,  e Gemma Sesar, coordinadora do evento.

O certame celébrase do vindeiro día 3 ao 6 de novembro. Obradoiros na rúa, dúas exposicións, workshops e outras moitas actividades conforman unha Compostela Ilustrada repartida por lugares como o Auditorio de Galicia, o Mercado de Abastos, San Martiño Pinario, a libraría Cronopios ou a Casa do Taberneiro.

Entre as actividades destacan as Xornadas de Ilustración Urbana, que acollerá o Auditorio de Galicia o 3,4 e 5 de novembro. Precisamente será baixo a coordinación de Gemma Sesar e moderadas por Maru Godás. Ao longo de tres días, a Sala Mozart do Auditorio será lugar de encontro para afeccionados curiosos e público en xeral. Tamén alí se poderán escoitar as aportacións de diferentes profesionais do ámbito da ilustración con conferencias a cargo de Miguelanxo Prado, Rita Sabler, Marielle Durand ou Gala Pont.

Dúas exposicións estarán abertas ao público. A primeira será ‘Murales ilustrados’, que marcará o inicio desta nova edición da cita do debuxo por excelencia. Será o xoves 3 ás 13:00h en Afundación e servirá de escaparate de todos os murais que se elaboraron nas xornadas.

O venres cortarase a cinta da outra exposición, ‘Camiñamos para parar’ no Museo das Peregrinacións. Unha mostra partillada, de Miguelanxo Prado e Rita Sabler.

Ademais destas actividades, como novidade, este ano ofrécese unha beca para máis de 20 alumnos, en colaboración coa escola de deseño Mestre Mateo na que poderán aprender a facer un storyboard counha das figuras máis importantes do cómic en español, Francesc Capdevila, máis coñecido como Max.

Post navigation

Previous: Alcaldes: Pablo Lago, Brión
Next: Comeza Santiago(é)tapas con novas rutas e votos sen papel

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.