займ срочно

A hostalería de Santiago acusa a urbanismo de facer un “uso restritivo da norma”

0

Compostela, 15 de novembro do 2023 – As asociacións da hostalería da cidade piden unha reunión “inmediata” da Mesa Sectorial para tratar o tema das inspeccións nos locais.

Ao redor de un centenar de asistentes reuníronse nunha asemblea informativa convocada pola Asociación Hostalaría Compostela, Asociación de Bares, Pubs e Discotecas e Hostalaría.gal.

A asemblea tras a reunión emitiu un comunicado no que destaca que “a hostalaría da capital galega é un exemplo a seguir” e que a cidade conta cun sector hostaleiro “altamente profesionalizado, de grande calidade, con grande prestixio, respectuoso con o conxunto da veciñanza e carecendo de calquera tipo de conflitividade”.

A hostalería explica que é preciso un “cambio de rumbo no Departamento de Urbanismo do Concello de Santiago de Compostela”. Para o sector é preciso “que modifique a lectura restritiva e os criterios taxativos das ordenanzas e normativas municipais, da lexislación autonómica vixente”.

As tres asociacións do sector presentarán alegacións contraditorias ás consideracións da Instrución 2/2023 do Servizo de licenzas e disciplina urbanística. A hostalería pide que, ata que se resolvan estas alegacións “se suspenda de xeito automático a aplicación da instrución”.

A hostalería solicitará tamén a reunión da Mesa Sectorial acordada o pasado 2 de novembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies