Compostela, 29/09/2026 – Foi a finais do 2013 cando Lindeiros coñeceu na súa casa a Luz Fandiño e pouco despois, xaneiro do 2014, saía na contraportada do noso xornal en papel.
Desde o primeiro momento ficamos namorados da intensidade coa que vivía. Ao coñecer a súa historia comezamos a comprendelo. Cremos que a súa historia, xunto coas das Marías, reflicte o que foi para a mujjer un tempo escuro.
Os mozos tiveron a sorte de vela nos últimos anos nas manifestacións, no 15M, no Día da Muller ou contra a Violencia de Xénero, sempre activa e sempre reivindicativa. Moito que aprender de Luz.



As imaxes de este artigo foron tomadas por Loli Fernández (dereitos reservados)
Agora o concello de Santiago convoca un acto institucional de recoñecemento á poeta e activista Luz Fandiño. Ás 19.30 horas deste xoves 1 de outubro dará comezo o evento no barrio de Sar, na praciña de Luz Fandiño, onde se colocará unha peza escultórica obra de Pablo Barreiro.
A veciñanza está convidada a participar deste acto no que tomarán a palabra a alcaldesa, Goretti Sanmartín; a regueifeira Alba María; a poeta Andrea Nunes; e Sonia Méndez e Nati Juncal, directora e a produtora da longametraxe documental “A poeta analfabeta”.

A veciñanza, que está convidada a asistir e recoñecer a traxectoria dunha muller que, alén de ser unha poeta cunha traxectoria singular e autodidacta, foi un referente de loita persoal e colectiva, converténdose nunha figura habitual na defensa das causas xustas, como o feminismo, o ecoloxismo ou a lingua.
