займ срочно

Noel McKay abre o HolaNOLA Fest no Riquela

0

Compostela, 20 de setembro do 2022 – Hoxe comeza na sala Riquela o HolaNOLA Fest que abrirá o artista de Nashville Noel McKay.

Noel McKay dive o seu tempo entre Austin e Nashville. Creador de cancións e escultor de instrumentos. Cantante de contos que viaxa internacionalmente. Estudante de bioloxía molecular, criouse en Lubbock e Texas Hill Country.

No 1993 descubriuno a lenda da composición Guy Clark mentres interpretaba as súas cancións en Kerrville, Texas. A titoría de Clark foi unha compoñente clave do éxito de Noel, con cancións gravadas por Guy, Sunny Sweeney, Sarah Borges e outros.

Na década do 2000, Noel tivo varios éxitos rexionais no estado de Texas co seu irmán Hollin McKay na banda McKay Brothers. Esas cancións continúan gozando dunha ampla difusión nas estacións de radio de Texas e na radio satelital.

Ademais de escribir en solitario, Noel coescribiu cancións con grandes como GuyClark, Richard Dobson, David Olney, John ScottSherrill, Shawn Camp e outros. Brennen Leigh tamén se uniu a Noel nos últimos anos como socio de composición e socio de dúo, coas súas colaboracións como McKay e Leigh obtendo un gran recoñecemento.

O mércores Tacón Gitano, Rubio De Pruna & Keko Baldomero

TACÓN GITANO é flamenco, pero non un calquera, é a voz dun pobo, o pobo xitano, que soubo conservar unha forma de vida e unha cultura propias. Un pobo que expresa como ninguén os seus sentimentos feitos música. As súas penas e as súas alegrías xa son patrimonio da humanidade e asolagan case calquera recuncho do planeta de beleza e arte. Galicia non ía ser menos, e ten neste espectáculo embaixadores do mellor flamenco xitano: os Fernández e os Salazar. Desde os paus máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nunha hora de espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo

Antonio Flores Cortés, Rubio de Pruna, naceu en Córdoba no ano 1983, no seo dunha familia xitana con forte tradición flamenca. Desde que era un meniño forxouse como cantaor nas mellores compañías de baile, desde Manuela Carrasco á familia Farruco.

No 2012 Paco de Lucía elixiuno como o seu cantaor, que o acompañaría ata o seu final no 2014. Fortemente influenciado por el, ten acompañado a outros artistas da talla de José Mercé.

Keko Baldomero naceu no barrio gaditano de Santa María (Cádiz) no ano 1984. Comeza a tocar a guitarra con apenas 9 anos, e consolida con só 13 a súa condición de guitarrista flamenco pola formación recibida dos mellores guitarristas da zona como Óscar Lago, Andrés Martínez, Juan Antonio Gómez e Román Vicente.

A arte lévaa dentro, din; e despois dun concerto de Keko Baldomero, comprendemos como un toque tan complexo parece fácil cando vén das mans deste xoven guitarrista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies