Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: Holanola Fest, a conexión con Nova Orleans

cartelRR_297x520mm(+3mmsangue)_CMYK(fogra39)

Do 16 ao 21 de setembro, Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do festival Holanola Lab-Festival, en Músicas na Linde falamos co seu fundador Martín Calviño.

A cuarta edición do Holanola Fest chega cun festival consolidado pero en constante evolución, definíndose aínda en cada edición. Un festival que viaxa por distintos puntos de Galicia pero que ten o campamento base na Sala Rquela de Compostela.


Toda a información, datas e horarios en https://lindeiros.net/compostela-holanola-lab-fest/


Martín Calviño é o xerente da Riquela pero tamén un dos responsables do Outono Codax Festival e o impulsor do Holanola Fest que conecta Santiago e Galicia cos novos artistas de Nova Orleans. Un luxo de festival sobre o que nos sentamos a falar con Martín nun dos cafés máis clásicos da cidade: o Muelle.

Martín Calviño

Ao carón dun tocadiscos de vinilos que viviu mellores épocas comezamos preguntando polo nacemento do Holanola Fest, un principio que parte do amor de Martín pola cidade e a música de Nova Orleans.

O festival non se conforma con dar concertos, este ano evoluciona para crear un laboratorio noque artistas dos dous lados do charco compartan experiencias e aprendan un dos outros. Tomiño acollerá a parte máis lab do Holnola Fest.

Ese laboratorio musical é ademais unha oportunidade única para que os músicos americanos coñezan Galicia e descubran un espazo que máis alá do turismo é un lugar perfecto para inspirarse, aprender e traballar.

Repasa toda as Músicas na linde da que levamos falado en Lindeiros

https://lindeiros.net/category/musicasnalinde/

Para Martín Calviño é un agasallo poder facer o Holanola Fest no Riquela. É a súa sala , á que coida con todo o coidado e ver alí aos artistas que lle gustan e que marcan as tendencias de Nova Orleans e un luxo.

Preguntamos polo papel das empresas privadas na cidade, o feito de que xa que gañan diñeiro coa poboación lle podan devolver algo do que reciben por  exemplo en forma de cultura; buscando por suposto un equilibrio para as dúas partes.

Rematamos falando da gran estrela do festival este ano: Aurora Nealand. Unha artista multiinstrumentista e cantante, especializada en saxofons,clarinetes ou acordeóns. Nada en California viaxou por todo o país en bicicleta e mesmo pasou un tempo en París ata que no 2004 asentouse na escena do jazz máis tradicional en Nova Orleans. Martín nos fala do único que é este concerto.

Aurora Nealand & The Royal Roses – Bloody Sunday Sessions

O Holanola Fest é unha oportunidade de coñecer músicos de calidade contrastada que están moitas veces fora dos focos. Vivimos unha época na que hai que procurar a música e non conformarse coas 3 ou 4 prescriptores que quedan e que non sempre acertan.

O Holanola Fes é un lugarno que sorprenderse, desfrutar e adoptar novos gustos. Todo nun espazo que é parte indisoluble da escena cultura de Compostela, a Sala Riquela e o seru propietario Martín Calviño, un dos esforzados defensores da cultura musical de Compostela.

Post navigation

Previous: A hostalería negocia mellores condicións
Next: Val do Dubra contrata obras por máis de medio millón de euros

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.