Compostela, 12 de setembro do 2023 – O Fuco Lois acolle esta tarde, desde as oito e media, un concerto gratuíto de Sanny que serve de inauguración do HOLANOLA LAB FEST.

O HOLANOLA LAB FEST está pensando como un festival experimental, un laboratorio no que unir a músicos de New Orleans con outros da Península Ibérica. Compostela será o espacio de treaballo ata o día 17 para despois continuar por Oporto e Lisboa.
O primeiro dos concertos, o de Sanny, tratase dun proxecto da viguesa Sandra Gómez. Sanny ten un pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e o outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers oue Sharon Van Etten.
A comezos do 2019, Sandra Gómez realizou unha estadía de tres meses en Preston (Reino Unido), percorrendo cada semana os micros abertos dos pubs locais ao tempo que investigaba sobre música e sociedade nos EE.UU. Foi durante ese período cando Sanny rematou de perfilar os temas que forman parte do seu primeiro EP, Loners Downtown (2019), gravado nos Estudos Mans.
O álbum componse de cinco cancións nas que se explora o tema da soidade e nos que se evidencia claramente a influencia do son ‘Americana’. Con ese traballo, Sanny participou en festivais como o Smalltown ou o Sofar Sounds Porto e chega a telonear a Sidonie e Iván Ferreiro nos seus concertos no TerraCeo e no EspazoFest, respectivamente.
Agora Sanny comeza unha nova etapa musical coa presentación de dous novos singles, 25 e Bird
in a Cage, dous temas gravados recentemente en Radar Estudios (Vigo) baixo a produción de Pablo Iglesias. Con estes dous temas, a artista dá a coñecer a súa nova banda formada por Denis Carballás á guitarra, Bruno Costas ao baixo e Anxo Paz á batería.
HOLANOLA LAB FEST
A referencia do HOLANOLA segue a ser Nova Orleans, en tanto que cidade que deu orixe a un xénero musical como o jazz, pero que inspirou e alimentou outros moitos. «Neste sentido, o festival non ten límites de estilo», apuntan os seus organizadores.
«HOLANOLA é un festival ecléctico e aberto musicalmente a moitos xéneros. Entendemos este encontro como unha mestura de diferentes influencias afastadas do elitismo e cun carácter marcadamente popular».
A programación do festival incorpora ademais unha serie de conversas culturais ao redor da música, os seus contextos e derivas, guiadas por recoñecidos xornalistas musicais.
O programa complétase con diferentes achegas, que van desde sons máis locais ata outros universais como o rock and roll, o fado ou o flamenco. O obxectivo, explican os organizadores, é «construír un diálogo horizontal entre distintos músicos de diferentes xéneros e o público, para crear unha comunidade apaixonada polo intercambio cultural».
HOLANOLA conta con acordos de colaboración coa Embaixada de Portugal en España, con Cooperación Española e conla Fundación Paideia.
PROGRAMA SANTIAGO DE COMPOSTELA
Martes 12 Set
SANNY (Fuco Lois | Portas: 20.30 h). Entrada e balde ata completar aforo
Mércores 13 Set
SABELA KING & THE HEARTBREAKERS (Borriquita de Belem | Portas: 20.30 h). 5€ (+gx)
Xoves 14 Set
Proxección do film “Buck Jumping”, de Lily Kebber (Numax | 19 h). 5€ (venda só na billeteira)
JOSEMI CARMONA & DAVID DE JACOBA (Riquela Club | Portas: 21 h). 15€ (+gx)
CARLOS CHILDE (Riquela Club | Portas: 22.20 h)
Venres 15 Set
FADO VIOLADO (Borriquita de Belem | Portas: 20 h). 5€ (venda só na billeteira)
SABINE McCALLA + ADRIÁN COSTA & JULIÁN MAESO (Riquela Club | Portas: 20.30 h) . 15€ (+gx)
Sábado 16 Set
Comunidades artísticas e resistencia musical en New Orleans» (Riquela Club | 11.30 h)
SHOWCASES PROXECTOS FUNDACIÓN PAIDEIA (Praza Feixoo | 13 h)
DUFF THOMPSON & STEPH GREEN + MAS BIEN HAHN & SAM DOORES (Riquela Club | Portas: 20.30 h) . 15€ (+gx)
Domingo 17 Set
Masterclass de pandeireta e canto. (Riquela Club | 13 h)
GINA LESLIE & LEONIE EVANS & PALOMA (Modus Vivendi | Portas: 20.30 h). De balde ata completar aforo
ENTRADAS E ABONO
As entradas para os concertos do Holanola están á venda en www.ataquilla.com
Existe ademais a posibilidade de mercar un abono por 40 euros (máis gastos de xestión) que da acceso a todos os concertos de Santiago e de Oporto
ENTRADAS
As entradas están á venda en ataquilla.com dende as 12h do venres 111 de agosto, con importantes descontos para os primeiros compradores.
Existe a posibilidade de mercar un abono para os tres concertos que se celebrarán no Riquela Club máis os dous que terán por sede o M.Ou.Co., en Oporto, a un prezo de 40€ (os 100 primeiros abonos á venda)
A venda de entradas anticipadas estará operativa ata 4 horas antes do inicio de cada concerto.