Compostela, 28 de abril do 2023 – A Fundación Granell organiza anualmente un maratón de lectura que en este 2023 estará dedicado a María Casares e ao seu pai Santiago Casares.
O Maratón terá lugar o vindeiro 31 de maio, coma sempre de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. A Fundación Granell convida a asistir e, co fin de organizar o maratón, pon a disposición dos que queiran participar lendo os teléfonos 981 572124 ou 981 576394e o correo electrónicosecretaria@fundacion-granell.org para que indiquen á que lles gustaría intervir.
En esta ocasión a Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura a María Casares e o seu pai Santiago Casares Quiroga. Continuase asi coa traxectoria de maratóns dedicados a difundir o coñecemento sobre aquelas persoas vinculadas a Eugenio Granell e que, como el, sufriron o exilio.
No seu libro Memorias de Compostela, Eugenio Granell, fai referencia a ámbolos dous, filla e pai. Eugenio Granell lembra a casa de Santiago Casares Quiroga situada na rúa de Panaderas: “No final daquela, e a esquerda, encontrábase a casa de Santiago Casares Quiroga, vilmente maltratada o súa lembranza polo fascismo español, sen que aínda se reivindicara a súa honra”.
Tamén neste libro alude a María cando comenta: “O grupo dos meus curmáns e o dos nenos que acostuman xogar fronte á casa de Casares, formaban as veces un só grupo no que vin mais dunha vez a María Casares, por entón a nena máis pequena do conxunto”.
Este ano a Fundación contará ademais coa colaboración da Casa Museo Casares Quiroga.