Compostela, 31 de agosto do 2023 – A Cidade da Cultura acolle este fin de semana unha nova Gladiator Race na que participasen máis de 1.400 corredores.
A Gladiator foi presentada este mércores e terá un carácter solidario grazas a Mediolanum Aproxima, o proxecto solidario de Banco Mediolanum, e á organización da proba. Por cada
inscrito doarase un euro ao proxecto de investigación da enfermidade de Dent que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
A proba contará con tres modalidades de participación, a categoría elite, popular e por equipos, ademais da Gladiator Kids para que os máis pequenos tamén poidan sacar o seu lado gladiator.
Os corredores gozarán dun percorrido de máis de sete quilómetros nos que se atoparán con todo tipo de obstáculos e probas nas que poderán a proba a súa forza física e mental da forma máis divertida.
Na presentación do evento estiveron Ana Isabel Vázquez, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Jose Ramón Lete Lasa, secretario xeral para ou deporte, Pilar Lueiro, concelleira deportes de Santiago de Compostela, Maria Castelao de Art for Dent, Serafín
Martínez Acevedo, director do evento, Miguel Anxo García, director do NefroChus e responsable do proxecto de investigación da enfermidade de Dent e parte do seu equipo: Ana Barcia e Yahia Moualla, así como diferentes Family Banker de Banco Mediolanum.
Unha vez finalizada as diferentes probas, a partir das 21:30 horas, desenvolverase un cóctel máis concerto fin de festa solidario grazas á dirección do Hotel Oca Porta do Camiño e a Banco Mediolanum, o cal terá un fin 100% solidario. O total da recadación que se realice será doado a Art For dent e ao Intituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), en concreto, ao NefroCHUS, o laboratorio de nefrología en Santiago de Compostela.
As inscricións para a carreira de adultos permanecen esgotadas desde principios de xullo, aínda que desde a organización do evento habilitouse unha fila cero para poder realizar máis doazóns a través da seguinte ligazón: