Compostela, 11 de maio do 2023 – A Gentalha do Pichel organiza un ano máis, polo Día das Letras Galegas, a Festa do 17 que se celebra o 13, con actos ata o sábado que ven.

Esta ano a Festa do 17 leva por lema “Ante o espólio, tecemos comunidade”. Desde a Gentalha explican que os movementos sociais, coletivos culturais, ecologistas, feministas, sindicatos, AAVV da Galiza “há muito tempo que aprendemos o valor da comunidade, de lutar desde abaixo para defender a terra, a língua, o público e transformar tecendo redes de apoio e luta frente as agressons e o espólio dos de acima”.
A Festa do 17 que se celebra o 13 chega este ano ao 20 aniversario e conta en esta ocasión coa colaboración da Semente Compostela , A. C. Escola Viva Antes Conxo e Ítaca.
O programa comezou xa onte pero hoxe día 11 terá lugar o colóquio “Contra o espólio tecemos comunidade” as oito e media da tarde.
Participan a autora Aurora Magán (enfermeiras eventuais en loira), Carme Varela (vizinha de Sanamede de Monte -A Banha- Serasa polo parque eólico de Troitomil), e Raquel Lema (Comité de empresa da CRTVG) e será moderado pela jornalista Belén Regueira.
Mañá venres día 12 terá lugar un faladoiro e a presentación do libro “A defunçom dos sexos. Dissidentes sexuais na Galiza contemporánea”, organizado por Avante LGBT+ Compostela e o seu clube de leitura. Participará Daniela Fernández, recente gañadora do premio Folhas Novas.

Xa o sábado 13 é o día da Festa do Dezassete que se fai… O treze!. Unha xornada que comezará as 10.30 cunha alborada. As 11 mostra da Escola de danza, pandeireta e regueifa da Semente. As doce do mediodía Tresfoliando na rúa de Baixo coas escolas da Gentalha, Ítaca, Viva Antes e Música tradicional de Conxo para rematar cunha foliada aberta.
Xa pola tarde, despois dunha comida no Pichel, xogos pulares a partir das cinco e as nove da noite concerto con MJ Pérez, O Sonoro Maxín, Flow do Toxo e DJRuss.