Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“Crocante de abelá e praliné de maracuyá” de La Morena gaña o XV Santiago(é)Tapas

Éxito do XV Santiago(é)Tapas pese ao cambio de datas, máis de 25.000 consumidas e premio para La Morena á mellor tapa creativa.
Santiago-e-tapas-2024-slide-13-marzo-2024_06-28-45_r

Compostela, 13 de marzo do 2024 – Éxito do XV Santiago(é)Tapas pese ao cambio de datas, máis de 25.000 consumidas e premio para La Morena á mellor tapa creativa.

La Morena

La Morena con “Crocante de abelá e praliné de maracuyá” non só levou o premio á mellor tapa creativa, gañou ademais o de mellor tapa doce. No apartado á mellor tapa tradicional gañou un clásico do concurso: Artesana con “Estamos como cabras”.

O listado dos premiados completo foi o seguinte

Mellor tapa creativa: Crocante de abelá e praliné de maracuyá, La Morena.

Mellor tapa tradicional: Estamos como cabras, Artesana.

Mellor tapa doce: Crocante de abelá e praliné de maracuyá, La Morena.

Mellor tapa en maridaxe con viño: Cachucha, grelo e calçot, Nómade.

Mellor tapa en maridaxe con cervexa: Bomba de polbo á feira, La Planta.

Mellor tapa sen glute: Castaña Doce, A Maceta.

O Auditorio de Galicia acolleu o acto de entrega de premios da XV edición de Santiago(é)tapas, organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela.

O certame mudou as datas a febreiro polo aumento do traballo no mes de novembro, cando se celebraba tradicionalmente. O cambio foi un éxito xa que se alcanzaron cifras similares de participación o que supón aumentar o traballo dos locais nun mes máis baleiro de clientes.

Artesana

No acto de entrega de premios participaron representantes das diferentes entidades e empresas que patrocinan e colaboran co concurso: a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Turismo, Míriam Louzao; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; o responsable da Área de Calidade alimentaria da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Ricardo Rivas; o xerente de Cash Record, Simón Quintela; o promotor de vendas de Cafés Dromedario, Bruno Hermida; o delegado comercial de Estrella Galicia en Santiago, Guillermo Fernández; o wine ambassador de Ponte da Boga en Santiago, Alberto García; e a responsable do Departamento de Restauración e Seguridade Alimentaria da Asociación Galega de Persoas Celíacas, Nuria Colmenero.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, subliñou que o éxito de Santiago(é)tapas no mes de febreiro vai na liña de traballo que se está desenvolvendo para conseguir mudar o modelo turístico de Santiago, apostando pola colaboración co sector e o fomento da desestacionalización con actividades que dinamicen Compostela nos meses de tempada baixa. Tamén agradeceu as facilidades que deu a Deputación da Coruña para o cambio de datas, xa que sen o seu apoio non sería posible o mesmo.

Pola súa banda, segundo sinalou a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, o cambio de datas non tivo impacto nin no número de locais participantes nin no consumo. Así, neste ano consumíronse preto de 25.000 tapas, unha cifra similar a da última edición de novembro de 2022. Míriam Louzao destacou que estes datos eran moi relevantes, tanto porque se produciron no mes de febreiro, un mes moi complexo para o sector, como porque o 40% do consumo foi de persoas que non residen en Compostela.

Post navigation

Previous: Frades celebra esta fin de semana a X Festa da Filloa de Abellá
Next: Brión renova a carballeira de Santa Minia pensando no futuro

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.