Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Sendeiro lévase 3 dos 6 premios posibles no XVI Santiago(é)Tapas

compostela ganhadores santiago e tapas SLIDE 12 marzo 2025 (3)

Máis de 30.000 tapas vendidas, máis de 12.000 votos válidos, 68 propostas e 42 participantes consolidan o Santiago(é)Tapas e abalan as novas datas estreadas hai un ano.

O Auditorio de Galicia acolleu a entrega de galardóns do XVI Santiago(é)Tapas. Un concurso consolidado, tanto en público como en reputación, despois dunhas primeiras edicións que buscaban un camiño que reforzara a hostalería e os locais da cidade.

O cambio de datas, decidido hai un ano para co obxectivo de seguir desestacionalizando o turismo na cidade, da os seus froitos a xulgar polos datos de participación: 30.000 tapas servidas e cerca de 13.000 votos validados, a xente consume e implícase.

En este 2025 servíronse 68 propostas distintas en 48 locais por toda a cidade.  Semdeiro, Sessanta & Novanta, La Morena e Mercedes acadaron os galardóns de esta edición.

O SENDEIRO foi o gañador indiscutible xa que levou para o seu local DA Rúa do Olvido 3 dos 6 premios; Mellor Tapa Creativa, Mellor Tapa en Maridaxe con Viño e Mellor Tapa sen Glute, os tres galardóns por “Bonito, millo e lagostino”.

Os outros tres premios do XVI Santiago(é)Tapas foron para SESSANTA & NOVANTA na categoría de Mellor Tapa Tradicional por “Milfollas de bacallau con cebola caramelizada”; LA MORENA na categoría de Mellor Tapa Doce por “Ouro de castaña e mazá”; e MERCEDES na categoría de Mellor Tapa en Maridaxe con Cervexa con “Crocante de sardiña afumada”.

Ademais, tamén recibiron unha chaquetiña cortesía da empresa Utimaq, os 10 locais finalistas que foron, por orde alfabética, Artesana, coa tapa ‘Xenerais da Ulla’; Bodeguilla de San Lázaro, con ‘Cocido galego’; Bodeguilla de Santa Marta con ‘Sabores da terra’; La Morena con ‘Ouro de castaña e mazá’; O Sendeiro con ‘Bonito, millo e lagostino’ e ‘Galmesán, solombo e pesto’; O Testo con ‘Mandarina morada do Cebreiro’; Oca Puerta del Camino con ‘Repolo, papada de porco Celta e cigala’; Orixe con ‘Que morro temos!’; Sessanta&Novanta con ‘Milfollas de bacallau con cebola caramelizada’ e Vilar 64 con ‘Pan chino’.

O XVI Santiago(é)Tapas, organizado e promovido por Turismo de Santiago baixo o paraugas da marca Compostela Gastronómica, co apoio da Deputación da Coruña, conta como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galica), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela. 

Á gala do XVI Santiago(é)Tapas asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e outros representantes da Corporación municipal; ademais do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Martín Alemparte.

Tamén participaron a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; o delegado comercial de Estrella Galicia en Santiago, Guillermo Fernández; o wine ambassador de Ponte da Boga en Santiago, Alberto García; o xerente de Cash Record, Simón Quintela; o promotor de vendas de Café Dromedario, Bruno Hermida; a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; e Gloria Bernárdez e Nuria Colemero, representantes de ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia).

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal  

Post navigation

Previous: Unha tarde con Samuel para loitar conta a enfermidade Duchenne-Becker
Next: Frades e a Consellería de Vivenda reúnense para planificar melloras no concello

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.