Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Inaugurase Galicreques cunha gala polos 30 anos do festival

compostela presentación galicreques 7 outubro 2025 (2)

Obradoiros, charlas, funcións para adultos e cativos, Día de Portugal e galas coma a de inauguración conforman a ampla programación de Galicreques 2025

O Concello de Santiago acolleu a presentación do Festival Galicreques, que cumpre 30 anos e estreará 16 espectáculos na cidade entre o 11 e o 19 de outubro.

O Festival Galicreques está organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio e patrocinio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura e Deporte a través do Inaem e a Fundación SGAE.  Compañías de Arxentina, Italia, Portugal, México ou Colombia darán a coñecer os seus novos espectáculos neste Galicreques tan especial, no que se festexarán tres décadas de traxectoria. 

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, destacou o apoio do Concello a “esta iniciativa que xa se consolidou como unha das citas culturais máis queridas e recoñecidas da nosa cidade” e que ofrece “máis de 60 funcións e a participación de máis de 20 compañías de 12 países distintos, dende Galiza ata Italia, Portugal, Colombia, Chile ou Arxentina”.

Na presentación participaron tamén Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; Jacobo Sutil, director da AGADIC; e Jorge Rey, director do Festival Galicreques.

O director de Galicreques, Jorge Rey,  destacou que a actual edición é a máis ambiciosa, con parcipación de máis compañías que nunca e máis estreas. O director da AGADIC puxo o foco en que esta iniciativa vén sendo merecedora de xeito continuado de apoio financiero desta entidade, o que dá idea da súa calidade. Pola súa banda, Natividade González resaltou a consolidación que ten acadado esta cita de xeito internacional.

30 anos de Galicreques

O aniversario protagonizará dous actos dentro do cartel de Galicreques. O primeiro deles hoxe mércores 8 de outubro e consistirá nunha festa de inauguración que acollerá a Sala Capitol.

Ao longo da velada -pensada para ser un grande encontro do sector escénico en xeral e do teatro de monicreques en particular- sucederanse as actuacións e as sorpresas. A esta apertura só se poderá acudir con convite e marcará o inicio dunha colaboración coa Sala Capitol, recinto que se suma como espazo para o teatro de monicreques neste 30º Galicreques: o domingo 19 de outubro, ás 12.00 horas, o seu escenario recibirá a compañía aragonesa Teatro Arbolé e o seu espectáculo Los tres cerditos.

O segundo acto vencellado ao 30º aniversario terá lugar o luns 13 ás 20.00 horas na xa tradicional carpa que Galicreques instala na Alameda. A esa hora, diferentes artistas que actuaron ao longo dos anos no encontro compostelán ofreceranlle ao público as súas vinculacións artísticas e emocionais co festival, os monicreques e a mais cidade. Jorge Rey, director e fundador de Galicreques encargarase de moderala.


Aqui tes o pdf con toda a programación e a posibilidade de descargalo

Galicreques_2024_webDescarga

Primeira estrea na Reixa

O sábado 11, A Reixa tenda acollerá a primeira estrea deste 2025 dentro do Galicreques: neste local a formación colombiana El Guiñol del Guiñol representará por vez primeira a obra El último árbol. Ese mesmo día ás 18.00 horas, no Centro Sociocultural do Romaño, chegaralle a quenda a compañía galega Mircromina Teatro, que presentará a súa nova proposta escénica: Pasmo de Pedra.

A partir dese primeiro día de festival, sucederanse as estreas. Dentro do cartel internacional, destacan os espectáculos inéditos de formacións como a Fío D’Azeite (Portugal), que estreará O rei va nú na carpa da Alameda o domingo 12; Títeres Candelilla (Chile), que farán o propio coa peza Kuiyen, sueño mapuche o martes 14 na Fundación SGAE; e Zaches Teatro (Italia), que botará andar en Galicreques a súa nova montaxe: Cenicienta.

Vellos coñecidos do público compostelá tamén escollerán o Galicreques para dar a luz os seus novos proxectos. É o caso de Panta Rhei, compañía vasca galardoada co Premio Galicreques en 2018, que presentará Krim, pequeño lobo o xoves 16, ou os catalán Fil de Guá, que sorprenderán ese mesmo día coa súa nova obra: Emproianova.

Clausura con Nauta

O domingo 19 de outubro, a compañía Nauta encargarase da clausura deste Galicreques de celebración. Farao no Teatro Principal coa súa nova obra, Ephimeros. A representación será ás 20.00 horas, xusto despois da entrega do Premio Galicreques 2025. A figura homenaxeada darase a coñecer proximamente.

A terceira compañía galega que estreará neste Galicreques, xunto a Nauta e Mircromina, será Kalina Teatro. A formación presentará a súa peza Limonardo dá vento o venres 12 no CSC de Santa Marta, dentro da programación escolar deste ano.

Post navigation

Previous: O IES Terra de Xallas de Santa Comba demanda solucións para o transporte escolar
Next:  A Marcha Mundial das Mulleres denuncia que o alcalde de Padrón está a desprotexer unha vítima de acoso sexual

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.