Compostela, 14 de outubro do 2022 – O “Cabaré Cara BÉ” para público adulto chega a Galicreques xunto cun taller para cativos e sete funcións máis.
A cita co “Cabaré Cara BÉ” será as dez da noite A esa hora, na Carpa da Alameda comezará un espectáculo de variedades que reunirá varios artistas que participan no Galicreques para ofrecerlle aos maiores diferentes pezas. Todo ten outra cara, coa que o festival quere erradicar a idea preconcibida de que os monicreques é un xénero destinado unicamente á cativada. Pola carpa, pasarán Nauta, a compañía uruguaia Coriolis, Mutismo, La Fábrica de Impro ou Inés, de Gaia Teatro.

Miniteatriños na Carpa da Alameda
Na Carpa da Alameda, as grandes protagonistas serán pequenas obras que varias compañías representarán para a cativada. Entre as 18.00 e as 20.00 h, sucederanse sobre o escenario as obras Guernika, de Os Monicreques de Kukas, Aquellos hombres grises, de El Trastero de Lula, e Desde mi ventana, coa compañía conquense Títeres Larderos.

A programación deste venres inclúe tamén as actuacións que se celebrarán en dous centros socioculturais. No de Fontiñas, Luis Vallecillo representará ás 18.30 h a súa creación A linguaxe perdida, mentres que o Centro Sociocultural da Gracia recibirá os arxentinos El Telón e a súa obra De Marineros y piratas.

Para completar o programa deste venres, El Trastero de Lula ofrecerá entre ás 17.00 e as 20.00 horas na Carpa da Alameda un obradoiro infantil para a construcións de pequenos monicreques con material reciclado.
Programación Venres 14 de outubro
10.30h Hugo e Inés. “Miniaturas». Fundación SGAE (escolar)
12.00h Tres Tigres. “¿Qué hacemos con Ubú?». Teatro Principal (escolar)
12.00h Hugo e Inés. “Miniaturas». Fundación SGAE (escolar)
De 17.00 a 20.00h Taller infantil: «Pequenos monicreques con material reciclado» de El Trastero de Lula. Carpa da Alameda
De 18.00h a 20.00h Especial miniteatriños «Minicreques». Pases de 1 a 5 minutos de duración. Obras: “Guernika» de Os Monicreques de Kukas, «Aquellos hombres grises» de El Trastero de Lula, «Desde mi ventana» de Títeres Larderos. Carpa da Alameda
18.30h Luis Vallecillo. A linguaxe perdida. CSC de Fontiñas
19.00 h. El Telón. De Marineros y piratas. CSC de A Gracia
20.00h Tres Tigres. “¿Qué hacemos con Ubú?». Teatro Principal programación CARA BÉ
22.00h Varios Artistas. Festival Galicreques. “CabaRé CaraBé». Alameda programación CARA BÉ.