Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Nova tempada das Foliadas en Compostela

foliadas bueno

Foliadas en Compostela presenta cinco citas que comezaran esta mesma semana e irán ata o mes de maio con novas actividades e obradoiros.

O proxecto Foliadas en Compostela arrinca unha nova tempada o xoves 3 de outubro, dando continuidade a unha iniciativa que xa é parte fundamental do lecer en Santiago de Compostela.

Mantendo o espírito participativo que leva máis de 20 anos enchendo Santiago de música e baile tradicional galego as foliadas en Compostela arrincan con 5 datas fixadas: 3 de outubro, 28 de novembro, 30 de xaneiro, 6 de marzo e 16 de maio.

Nesta primeira cita, o vindeiro 3 de outubro, chega tamén unha novidade especial: a recuperación de obradoiros previos á foliada, pensados para ampliar e compartir coñecementos antes do inicio da foliada.

Para inaugurar esta proposta contarán con Miguel Pardo, que impartirá un obradoiro de 1 hora e 30 minutos de duración, aberto tanto a persoas xa iniciadas no baile tradicional como a aquelas que aínda non tiveron ocasión de probalo.

Durante a sesión exploraranse recursos prácticos de diferentes puntos da xeografía galega, potenciando a creatividade e a improvisación, para que as persoas participantes poidan gañar autonomía nas foliadas e ampliar o seu abano de recursos coñecidos. O prazo para inscribirse remata o 1 de outubro.

Tras o obradoiro, a música continuará coa participación de tres grupos convidados:

Pandeireteiras da AC A Carrabouxa de Teo, Os Enxebres de San Lázaro e Tres Pes Pa´un Banco

Como vén sendo  habitual, a actividade contará de novo coa colaboración da Nave de Vidán, un espazo que acolle regularmente as foliadas e reforza a súa conexión co tecido cultural e social da cidade.

Tamén se ofrece a posibilidade de asociarse a Foliadas en Compostela para gozar de descontos nas actividades que se organicen e contribuír á continuidade dunha iniciativa que xa é parte fundamental do lecer con identidade tradicional de Santiago.

Toda a información sobre horarios, inscricións no obradoiro e futuras programacións está dispoñible nas redes sociais oficiais da asociación (@foliadasencompostela) ou contactando coa asociación a través do seu correo electrónico foliadasnacidade@gmail.com  

Post navigation

Previous: Parolando con Carlos Martínez, alcalde de Vedra
Next: Rois aproba o regulamento do Punto de atención á infancia

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.