Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Alerta de lixo en Compostela

A folga de recollida de lixo en Compostela, convocada desde o vindeiro día dezaoito, ameaza o desenvolvemento das festas..
silleda-adjudicacion-de-basuras-a-urbaser-slide-25-octubre-2016

Compostela, 12 de xullo do 2022 – A folga de recollida de lixo en Compostela, convocada desde o vindeiro día dezaoito, é o desenlace esperado dunha serie de situacións que se veñen producindo nas últimas semanas.

Queima de contedores, picada de rodas, e queixas de asociacións, partidos, e veciños en xeral rematan cunha convocatoria de folga na recollida de lixo. Trátase dun punto e seguido a unha situación que ven de tempo atrás. A necesidade de máis medios, materiais e humanos, é algo tan obvio como, polo que parece, difícil de conseguir.

Unha imaxe que vai ser difícil de ver nas próximas datas

Un paro “contra Santiago”

A situación repítese en multitude de ocasións, servizos e cidades. Outorgase unha concesión, os traballadores teñen un conflito coa empresa e a afectada é a veciñanza. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, repite sempre que o concello terá que reclamar á empresa pero que se trata dun conflito laboral do que o concello non forma parte.

No caso da folga de recollida de lixo, Bugallo dou un paso máis dicindo que se trata dunha folga “contra Santiago e contra Galicia”. Sánchez Bugallo espera que se esgoten as vías de negociación. En caso contrario asegura que se tomarán todas as medidas necesarias para garantir a saúde da poboación, e non descarta pedir o “estado de emerxencia sanitaria”.

Estas declaración provocaron o enfado do Comité de empresa quen dixo que se trataban dunhas valoracións “manifestamente a favor da empresa”, polo que lle piden respecto aos dereitos fundamentais das traballadoras e traballadores, así como que vele polo estrito cumprimento dos pregos de condicións.

Ao Comité “xéralle enorme perplexidade que Bugallo fale de aplicar o estado de emerxencia nas festas do apóstolo, cando o resto do ano lle dá igual a limpeza da cidade. Temos claro que con esta medida ao alcalde só lle preocupa o turismo e non a veciñanza de Compostela, parece que só ve contedores cheos de lixo ou lixo fóra destes cando hai festas”.

Unha oposición enfadada

O comité lembra que a esta convocatoria se chega despois de máis dous anos intentando abordar a situación do servizo co propio alcalde, “sen termos resposta a día de hoxe”. De feito, indican que foron os grupos da oposición quen se reuniron co comité e levaron varias preguntas ao pleno municipal sobre o estado da limpeza. “Preguntámonos que complicidades e beneficios pode estar sacando de mirar para outro lado e como consecuencia da súa ineptitude levar a toda a veciñanza a sufrer un servizo dunha baixísima calidade”.

O Partido Popular alertaba hai dúas semanas do lixo acumulado en alguns puntos da cidade e das queixas da veciñanza. BNG e Compostela Aberta acompañaron ao persoal de Urbaser no servizo de recollida nocturno e comprobaron as deficiencias “in situ”.

Foi o comité de empresa o que convidou os grupos municipais a realizar un percorrido pola cidade e observar os problemas fundamentais. Problemas de carácter estrutural, de falta de medios, de medios obsoletos e derivados da falta de recursos humanos que dificultan a recollida.

Unha das situación más excepcionais a explicaba a voceira do BNG, Goretti SDanmartín “O primeiro que vimos é que había unha persoa asignada para varrer toda a zona histórica e o Ensanche na noite do venres para o sábado; unha única persoa encargada de manter limpa manualmente toda esa área e, evidente, que desde o punto de vista humano, os recursos son claramente insuficientes”.

En esa liña o concelleiro de Compostela Aberta, Xan Duro, dicía que “non hai que explicar que é imposible que unha soa persoa atenda correctamente unha función que lle corresponde a cinco empregados, tal e como se especifica na oferta técnica pola que Urbaser gañou a licitación do servizo”. O edil incidiu en que “no que ten que ver co persoal, non hai ningunha escusa para non cumprir o prego, e o Goberno é responsable de non facer un control estrito do que está a pasar no servizo”.

Colectores soterrados que non encaixan, camións que van deixando regueiros de liquido, bolas fora dos contedores… A situación, vindo de asinar un novo contrato con abundantes melloras, é lamentable. A folga prevista non fará más que empeorala e poñer sobre a mesa unha situación que ven de meses, incluso anos, atrás.

Post navigation

Previous: Rehabilitación integral do colexio Antonio Orza Couto de Boqueixón
Next: A Estrada retira os vehículos abandonados nas rúas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.