Compostela, 6 de novembro do 2019 – O Flamingo ofrece esta noite unha cea concerto coa participación de Electrolírica, un proxecto que mestura poesía, vídeo e música.
O Flamingo Compostela soe ofrecer concertos todos os mércores o que converte as horas da cea nun momento distinto aos do resto da semana. Os protagonistas hoxe serán os nicrarienses Electrolírica.
O poeta Xan Solo e a compositora e creadora Cristina Morquillas son os impulsores de esta fusión tan especial. O seu primeiro disco leva o mesmo nome que o grupo e recolle catorce cancións que evocan imaxes case cinematográficas con ritmos e sons envolventes.
Electrolírica foi producido no estudo dos autores o que, según din, “deulle máis tranquilidade aos procesos creativos e á investigación nas texturas dos elementos que compoñen o seu traballo: a palabra e o son”.
Os directos percorren un camiño que vai de cancións intimistas, poéticas e teatrais a potentes instrumentacións, creando diferentes atmosferas ao longo do seu espectáculo.
