Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

8 concertos en 3 días no Outono Códax Festival

outono-codax-recta-final-JIVE-ACES--ian-vr-slide-20-novembro-2024-(2)_r

Compostela, 20 de novembro do 2024 – Sprint para o Outono Códax Festival 2024 con 8 actuacións en tres días, ciclo de cine e presentación de libro.

Fantastic Negrito

A décimo cuarta edición do Outono Códax entra desde este xoves na recta final. A maiores seguen colgadas nas paredes do Riquela as fotografías coloreadas da exposición Calle 52-W. Los rostros del jazz 1945-1948.

Música

Comeza este final mañá xoves na sala Capitol cunha das propostas máis agardadas do Outono Códax, a banda californiana Shannon & The Clams, influenciada polo garaje rock, o soul dos sesenta, o doo wop e a primeira psicodelia, e apadriñada e producida por Dan Auerbach, vocalista e guitarrista de The Black Keys, grupo ao que acompañan nas súas xiras internacionais. Abrirán ese concerto Mambas Negras, quinteto formado por grandes músicos galegos cunha ampla traxectoria, como Óscar Avendaño (The Bo Derek’s, Siniestro Total), Andrés Cunha (Siniestro Total) ou Toño López (The Soul Jacket), que interpretan un repertorio formado por cancións das bandas sonoras das películas de Quentin Tarantino.

O venres 22, tamén na Capitol, actuarán The Jive Aces, un septeto de irrefreable de swing, rat pack e rock and roll, que chega avalado por ser a primeira banda en vivo que alcanza a final de Britain’s Got Talent, esgotar as entradas no Royal Albert Hall e encabezar festivais en 40 países. Abren a noite os tamén británicos The Fuzillis.

O sábado 23, xa con todas as entradas vendidas, será a noite de Fantastic Negrito, gañador de tres Grammys ao mellor álbum de blues contemporáneo e un dos músicos máis persoais e referenciais da nova escena do blues a nivel mundial. Tamén actuarán esa noite Madame Bird, o proxecto de Carla de Figueredo, a voz mais prominente da escena negra galega, e Lightspeed, un cuarteto belga de rock atmosférico.

The Jive Aces

Cine

De forma paralela á programación musical, esta fin de semana o Outono Códax tamén propón a segunda edición do ciclo Blow up… A música no cinema. Nesta ocasión proxectaranse tres películas e documentais: This Is a Film About the Black Keys (venres 22), Phantom of the Paradise (sábado 23) e Blue Giant (domingo 24). Todas as proxeccións serán nos cines Numax ás 17.30 hotas. O prezo das entradas para soci@s de Numax ou persoas que teñan o abono do Festival é de 4€. O prezo para o público en xeral é de 5€.

Presentación de libro

Tamén o venres 22, en A Reixa-Matrioska, ás 19.30 h, o xornalista musical e escritor Xavier Valiño presentará o seu último libro, Rumours. La tormenta emocional de Fleetwood Mac,  un libro no que Valiño aborda a transcendencia deste álbum, reparando ata no máis mínimo detalle e rememorando os seus antecedentes e as súas consecuencias, así como as once cancións que inclúe.

Post navigation

Previous: O Museo Do Pobo proxecta “Os millos ausentes”
Next: 25N, unha vez ao ano

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.