Compostela, 6 de xuño do 2024 – O Club Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela, acolleu un acto da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago, FICS, no Día Mundial do Medio Ambiente para pedir respecto e protección.
No comunicado emitido co gallo de esta xornada a FICS di que “os continuos atentados ó que representa o Camiño de Santiago, os seus valores, e o patrimonio vinculo, obríganos de novo a dar un paso á fronte para esixir ás administracións públicas que cumpran co seu deber de protección e custodia”.
As críticas directas ao papel da Xunta foron constantes e por parte de todos os colectivos que participaron no acto. Non só foi Altri a protagonista xa que a mina de Touro, os problemas do Castro Lupario en Padrón ou o abandonado proxecto do polígono industrial no Pino, serviron de exemplo de malas práctica e inhibición da administración.
A preguntas dos xornalistas afirmouse que, pese ao dito o luns polos representantes de ALTRI, o proxecto de Palas afectará ao Camiño de Santiago. En este punto lembrouse que o estado español está adherido á Carta de Venecia que non só fala da protecci´n do patrimonio, tamén da súa conservación e de como os impactos visuais, como pode ser unha cheminea de 75 metros de alto, non se poden permitir.
En outra resposta aos medios desde o colectivo Mina Touro NON díxose que o problema estaba tamén no incumprimento sistemático da lei. En Touro a reapertura da mina está denegada e hai unha obriga de restauración que leva anos sen cumprirse. No mesmo sentido falou a Asociación de Veciños Angueira de Castro que convidou a todos a achegarse a Padrón para ver o que alí está a suceder co soterramento dunha liña de alta tensión que afecta directamente ao enclave do Castro Lupario.
A rolda de prensa foi transmitida por streaming e seguida por colectivos de Estados Unidos, Canada ou Latinoamérica, un vídeo que se pode escoitar en este enlace. O acto titulado “En defensa do patrimonio material, inmaterial e natural do Camiño de Santiago” contou coa presencia de Pablo Lizancos Mora, ex director daa Escola Técnica de Arquitectura de A Coruña, a Plataforma Veciñal Mina de Touro Non, a Plataforma Ulloa Viva, a Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) e a Asociación de Veciños Angueira de Castro.
Aínda que non estiveron presente adheríronse tamén Camino Francés Federación, es decir las asociaciones de Saint Pied de Port, Jaca, Zaragoza, Roncesvalles, Pamplona, Puente la Reina, Estella, Los Arcos, Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Burgos, Palencia /Carrión de los Condes, Sahagún, Mansilla de las Mulas, León, Astorga, El Bierzo, Sarria, e a propia FICS.
No ámbito internacional apoian as demandas da FICS, sete asociacións brasileiras: ACACS – SP – Associação de Confrades e Amigos do Caminho de Santiago de Compostela. AACS – Brasil – Associação Brasileira dos Amigos do Caminho de Santiago.ABACS – BA – Associação Bahiana dos Amigos do Caminho de Santiago. ACASARGS – Associação dos Amigos de Santiago de Compostela do Estado do Rio Grande do Sul. ACACSC – SC – Associação Catarinense dos Amigos do Caminho de Santiago de Compostela. AGAPE CASC – Associação Goiana dos Amigos Peregrinos do Caminho de Santiago de Compostela. Associação Paranaense dos Amigos do Caminho de Santiago de Compostela – Curitigrinos. Confraria do Glorioso Apóstolo Santiago do Rio de Janeiro – RJ.