Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

XXII Festival Agustín Magán de teatro amador

Compostela acolle desde este sábado a vixésimo segunda edición do Festival Agustín Magán de teatro amador que organiza FEGATEA.
compostela-teatro-fegatea-slide-31-de-agosto-2023-(2)_r

Compostela, 31 de agosto do 2023 – Compostela acolle desde este sábado a vixésimo segunda edición do Festival Agustín Magán de teatro amador que organiza FEGATEA.

O Festival celebrarase ata o 22 de setembro en espazos como o Teatro Principal, a Sala magán no CSC de Santa Marta ou no Salón Teatro. O evento, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, conta co apoio do Concello de Santiago.

O festival arranca este sábado, día 2 ás 20:00 horas no Teatro Principal coa representación da obra “A Pousada do Trú-Trú”, interpretada por Desfeita Teatro. O domingo, día 3, Teatro de Cámara Ditea representa, no mesmo escenario, “Nice to kill you”. O Salón Teatro acollerá o 9 e o 10 de setembro as funcións “Arte”, de Hipócrita Teatro (sábado) e “Almas na gloria: don Paco”, de Avelaíña Teatro (domingo). Os días 22 e 23 de setembro, chegan á Sala Magán do CSC de Santa Marta, as pezas “O Randiña”, de Pico do Castro e “Apuntamentos para un magnicidio”, de Ditirambo, ambas ás 20 horas.

A posada do Trú Trú de Desfeita teatro

No marco do Festival, o vello Colexio do Castiñeiriño tamén acollerá o sábado 16 e o domingo 17 de setembro, un obradoiro de “Construcción de máscaras de cartón”, impartido por Marcelino de Santiago de Kukas que se desenvolverá en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

O Festival Agustín Magán está organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) co apoio das concellarías de Capital Cultural e de Centros Socioculturais do Concello de Santiago e da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Centro Dramático Galego.

Post navigation

Previous: A Gladiator Race solidarízase coa enfermidade de Dent
Next: A Bioeconomía protagonista en Compostela

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.