Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Música no Nadal coa Escola de Música

compostela festival escola musica slide

Compostela,11 de decembro do 2024 – A Escola Municipal de Música prepara xa o seu Festival de Nadal, unha oportunidade para mostrar o aprendido e pasalo ben xuntos alumnos, profesores e familias.

Será este venres no Auditorio de Galicia ás sete da tarde, na Sala Brage. No concerto de Nadal participará o máis destacado da escola: os coros, a Bandiña, a Banda, o Combo de Música Moderna, a Agrupación de Música Tradicional, a Orquestriña, a Orquestra e a Big Band.

Cada un destes grupos ofrecerá unha selección de pezas que abranguen diversos xéneros e estilos musicais, que van desde a música clásica ata a moderna ou a tradicional, pasando por composicións propias da época do Nadal.

Con 440 alumnos matriculados, a Escola Municipal de Música consolidouse como un pilar fundamental na formación musical da cidade, proporcionando unha educación de calidade e fomentando o talento das novas xeracións de músicos. A súa oferta educativa, que vai dende a iniciación musical ata a formación profesional, permite aos estudantes desenvolver as súas habilidades nun ambiente estimulante e comprometido coa excelencia artística.

O Festival de Nadal é unha mostra do traballo realizado durante todo o ano, onde o alumnado ten a oportunidade de demostrar o aprendido nas clases e compartir a súa paixón pola música coa comunidade. Ademais, este evento xa se converteu nunha cita ineludible na axenda cultural da cidade, que convida a todos os veciños e veciñas a desfrutar do talento e a enerxía dos xoves músicos de Santiago de Compostela.

A entrada ao festival é de balde, previa reserva de entrada ata completar aforo, polo que todas as persoas amantes da música e da cultura están convidadas a desfrutar dunha tarde chea de emocións e sorpresas.

Post navigation

Previous: Fotografando en Nadal
Next: Os datos din que ALTRI pensa en celulosa non en fibras téxtiles

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.