Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Este mércores 25 ábrese en Compostela MARÉ

festival-mare-slide-19-setembro-2024-(2)_r

Compostela, 23 de setembro do 2024 – MARÉ, festival de músicas e artes atlánticas, converterá entre o 25 e o 29 de setembro Santiago de Compostela no punto de encontro para a diversidade cultural de ambas as dúas beiras do Atlántico.

O programa de este de MARÉ acolle bandas de Brasil, Arxentina ou México. O festival mantén a súa clara vocación de crear sinerxías creativas entre músicos locais e internacionais, ofrecéndolle ao público un calidoscopio da multiculturalidade atlántica.

Un dos nomes máis destacados nesta quinta edición será Francisco, El Hombre, un dos grupos independentes máis importantes no panorama musical da América Latina. A banda, formada por Mateo e Sebastián Piracés-Ugarte (México) e os brasileiros Juliana Strassacapa.

Andrei Martinez Kozyreff e Helena Papini, presentarán o  seu novo disco Hasta el Final, un traballo que é coma unha festa catártica que simboliza todo o que o quinteto construíu ao longo dos anos.

Francisco, El Hombre

No seu concerto, que se celebrará o sábado 28 de setembro ás 21.00 na Sala Capitol, o público poderá descubrir un son que mestura a música popular brasileira e afrolatina con punk-rock e electro-punk psicódelico. Outro trazo que caracteriza a produción artística de Francisco, El Hombre é a naturalidade coa que defenden o dereito á felicidade e á liberdade do individuo para autodefinir a súa identidade, filosofía que converte o grupo nun referente para as novas xeracións e o colectivo LGTBI+.

Dende México, tamén chegará a cantautora Laura Itandehui, cantante mexicana de orixe oaxaqueña e tampica que, malia dominar a linguaxe do jazz cun estilo propio, ten moi claro que non pode nin quere deixar de lado a tradición, a cultura e a idiosincrasia das que procede. A súa voz resoará no Teatro Principal o sábado 28 nunha actuación previa ao concerto que ofrecerá A Pedreira.

Na banda Zuaraz únense talentos procedentes de México e Galicia co obxectivo de recuperar o espírito das cancións populares latinoamericanas: o son jarocho, o bolero ou a trova iucateca. Actuarán na sala Riquela tamén o sábado.

Arxentina e Brasil

A Sala Riquela tamén será o escenario para o concerto de Aluminé Guerrero, cantante, multiinstrumentista e compositora arxentina que traslada o público en cada actuación a un transo alegre e festivo. A súa proposta, que se poderá ver o xoves 26, fusiona os ritmos dixitais cos acordes de charango, melodías de guitarra e pinkullo.

O seu último disco, Hierba Mala, foi publicado en setembro de 2023. Trátase dun traballo inspirado en diversas paisaxes de Arxentina. A metáfora da mala herba érguese como símbolo de resistencia.

O concerto de clausura do domingo 29 homenaxeará a Zecá Afonso na conmemoración do 50º aniversario da Revolución do 25 de abril. Lá no Xepaganra reunirá no escenario a Selma Uamusse (Moçambique), Isabel Novela (Moçambique), Edu Mundo (Portugal), Manuel de Oliveira (Portugal) na guitarra, Dilson Pedro (Angola) na percusión, João Frade (Portugal) no acordeón, Albano Fonseca (Portugal) no baixo e Fred Martins (Brasil).
E precisamente dende Brasil chegará tamén DIADORIM, álter ego de Larie, produtore musical brasileira, multiinstrumentalista e DJ recentemente nomeade. Orixinarie de Brasil e afincade en Portugal, DIADORIM mantén unha dedicación á música coa que procura constantemente novos sons e experiencias. DIADORIM chegará o sábado 28 á praza de Mazarelos, outros dos espazos de MARÉ.

A esencia do MARÉ

O Festival MARÉ, promovido por Nordesía co apoio de institucións como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña ou o Concello de Santiago e mais entidades como Estrella Galica, celebra a diversidade cultural e lingüística, promovendo a conexión emocional entre diferentes comunidades artísticas.

É unha plataforma de intercambio cultural onde artistas de todo o mundo comparten as súas visións creativas e inspiran colaboracións. Cada edición destaca temáticas como a inclusión social, o feminismo, a diversidade sexual e a sustentabilidade ambiental.

MARÉ intégrase coidadosamente coa cidade de Santiago de Compostela, usando espazos emblemáticos tanto ao aire libre como interiores, creando un ambiente íntimo e accesible para o público.

Tamén promove a cultura local, ofrecendo unha plataforma para que talentos locais compartan escenario con artistas internacionais. O cartel deste ano inclúe máis de 30 bandas, destacando propostas tan diferentes como son as de Sumrrá&Niño de Elche, Albert Plá & The Surprise Band, Francisco, el Hombre, Ana Lua Caiano, o espectáculo Ultranoite na MARÉ do grupo Chévere ou o concerto homenaxe dende a lusofonía a José Afonso Lá no Xepangara.

Post navigation

Previous: O CPI de Dodro tamén reclama profesorado
Next: O 28 Oroso acolle un ano máis o Psicotroita

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.