займ срочно

Esta semana chega Maré 2022

0

Compostela, 19 de setembro do 2022 – Desde o vindeiro mércores, día 21, Compostela acolle Maré 2022, o festival de músicas e artes atlánticas., que chega a súa terceira edición.

O Festival, que comezou a súa andaina baixo o nome de Cantos na maré, celebrarase en distintos espazos de Santiago de Compostela. A presentación oficial terá lugar hoxe luns no parque de santo Domingo de Bonaval, un dos espazos que acollerá actuacións.

A creación feminina terá especial importancia como sucedera nas anteriores edicións. A mocidade, a experimentación, as novas linguaxes artísticas e a diversidade cultural serçán tamén protagonistas de Maré 2022, poñendo o foco nos territorios cos que Galicia comparte lazos lingüísticos e históricos.

Ademais dunha ampla representación galega, o cartel inclúe artistas procedentes doutras comunidades do Estado, como Catalunya, Asturias ou Euskadi, e doutros territorios como Angola, Brasil, Portugal, o Rajasthan na india, os Balcáns, Arxentina, Francia, o Sáhara Occidental, Guiné-Bissau ou Escocia.

A edición 2022 do festival Maré acollerá dúas estreas europeas, a da nova xira de Chico César, que presenta na Sala Capitol o seu décimo disco, Vestido de amor, e a da brass band carioca que revolucionou o concepto de fanfarrias no Brasil, a Orquestra Voadora, que converterá as rúas da zona vella nunha festa de carnaval.

O festival tamén inclúe unha estrea en España, a da mítica banda de música gaélica Capercaillie que traerá a Galicia o único espectáculo que ofreceu coa BBC Scottish Symphinc Orquestra, agora acompañados pola Real Filharmonía de Galicia.

Os distintos escenarios da edición 2022 do festival Maré recibirán unha gran variedade de artistas dun mundo comprometido e reivindicativo, especialmente entre as mulleres. Maré 22 quere amosar a forza de voces femininas como a da angolana Pongo, a saharauí Aziza Brahim co seu cuarteto eléctrico, a brasileira Dandara Manoela ou a arxentina Sofía Viola. Tamén a das galegas A Pedreira, que pechará o festival co seu primeiro disco en solitario Segmento cantábrico, Guadi Galego coa fin de xira de Costuras, e outras artistas emerxentes como Antía Muíño ou Catuxa Salom.

Maré 22 ofrecerá tamén unha mostra de estilos musicais como o pop, soul, blues, música electrónica, experimental, rap, dub, kuduro, ritmos bulu e bikutsi, gqom, batida, amapiano, afrobeats, semba, kizomba ou folk e outras músicas de raíz escritas e cantadas en diferentes linguas, do galego ao portugués pasando polo rajasthani, o kimbundu, o catalán, éuscaro, escocés, asturiano, inglés, francés, árabe ou español. O domingo 25 o festival Maré volverá celebrar o Día Europeo das Linguas cunha xornada festiva e música de balde nas rúas de Santiago en colaboración con Política Lingüística.

Ademais da promoción do talento, Maré 22 mantén como obxectivos principais a interculturalidade e a tolerancia, que se traducen na procura da emoción, o descubrimento, a creación e a información, destacando a importancia e o potencial dunha sociedade multicultural.

As tradicións centenarias dos manganhiars do Rajasthan, da man dos Barmer Boys ou Fogo Fogo, a banda que está a converter o funaná de Cabo Verde nun ritmo das pistas de baile en Portugal e no ámbito lusófono, son outras das propostas desta edición.

Sonará tamén en directo á fusión que o francés James BKS, fillo de Mando Dibango, realiza da tradición musical con ritmos electrónicos que se atopan no continente africano. Tampouco faltarán o caldo, os grelos e o pulpo á feira da man dos Malandrómeda, que volven aos escenarios e avanzan novo traballo, ou da mítica banda de hip hop de Ordes Dios Ke Te Crew, que vén de sacar novo EP e contará coa colaboración de, entre outros, Boyanka Kostova para entonar O.G., considerado xa o novo himno galego.

Unha programaciçon ampla e variada que se pode consultar xa na web do Festival Maré na que tamén se poden comprar as entradas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies