займ срочно

Festival C, cultura para un agosto en Compostela

0

Compostela, 28 de xullo do 2020 – O Festival C é a proposta cultural de Compostela para o mes de agosto e na que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e o Consorcio da cidade.

Serán medio cento de actividades de música, circo, poesía e artes escénicas e visuais en diferentes espazos da cidade. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada por Xosé Lois Penas, deputado provincial da Deputación da Coruña, e Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia, foi a encargada de presentar en rolda de prensa o Festival C.

Festival C, cultura para un agosto en CompostelaPropostas de moi distintas disciplinas

Circo na Quintana, Danza en Bonaval ou poesía na Ferradura, o Festival C camiñará entre disciplinas moi distintas percorrendo os espazos da cidade.

Nas rúas do Ensanche realizaranse dúas intervencións artísticas efémeras, Dioiva de nomes de muller e Os nomes que habitamos, que levarán a reflexionar sobre as mulleres creadoras e a súa pegada na cidade. Pola súa banda, Isaac Díaz Pardo será o protagonista dos itinerarios culturais no ano do seu centenario.

O Festival C inclúe ademais dous ciclos ben coñecidos na cidade: De Lugares e Órganos, que versa arredor do patrimonio organístico e achega concertos deste instrumento a diversas igrexas compostelás; e unha edición de verán de Compostela Ilustrada, que inclúe obradoiros, encontros con artistas e a elaboración dun mural en directo.

O concerto de aniversario do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) na finca de Vista Alegre, xunto coas actividades lúdicas infantís en galego do programa Apego, completan este Festival C, que se desenvolverá do 1 de agosto ao 1 de setembro. Todas as actividades son gratuítas e poden consultarse na web compostelacultura.gal.

Reserva de entradas

Coa vontade de garantir o estrito control dos aforos e a distancia de seguridade entre as persoas que asistan aos eventos, será preciso reservar convite, preferentemente a través da web compostelacultura.gal, así como no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de luns a venres de 18:00 a 20:00 h.

As persoas que reserven convites e non poidan asistir ao evento, poden comunicalo no teléfono 981 542 349 en horario de despacho de billetes. O público deberá acudir ao evento cunha antelación mínima de 15 minutos e o uso de máscara é obrigatorio durante todo o tempo que dure o espectáculo.

Descarga o programa completo do Festival C
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies