Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Festival C, con C de cultura e Compostela

festival c slide

A programación do departamento de cultura de Compostela presentou estes días o Festival C que ao longo de agosto ofrecerá desde danza a contacontos, pasando por circo e música.

Agosto hai tempo que deixou de ser un mes baleiro no que pasear, comer e beber era do mellor que se podía facer. Sacando o Feito a Man (do que vos falamos en outro artigo) case non exitía oferta de ocio pero o Festival C acabou con ese deserto.

Arredor da C, de cultura e Compostela, xira booa parte da programación do departamento ao longo de todo o ano. Seguindo esa liña o Festival C traerá en agosto Circo, danza, teatro de rúa, poesía, música, contos, maxia e cinema ás rúas da cidade.

Organizado polo Concello de Santiago a través de Compostela Cultura, o Festival C conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración de programas como Apego ou Danza a Escena do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM)

Celebrarase do 4 ao 28 de agosto chegando este ano á sexta edición. A praza da Quintana, o parque de Bonaval, o parque de Galeras, a Casa das Máquinas e a rúa Concepción Arenal serán os principais escenarios desta nova entrega do festival.

Todas as actividades son de carácter gratuíto e acceso libre agás os obradoiros de circo para a rapazada que, malia ser tamén de balde, precisarán inscrición previa no enderezo circonoveoficina@gmail.com para garantir que non se superan as prazas dispoñibles en cada sesión.

O Festival C é unha iniciativa do Concello de Santiago a través de Compostela Cultura que conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración de programas como o Apego ou o circuíto Danza a Escena,  do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM).

Danza no parque de Bonaval e na Casa das Máquinas

Como cada ano, o cemiterio de Bonaval converterase en escenario de excepción para dar acubillo a boa parte dos espectáculos de danza que cada luns ás 20 horas ofrecerá o Festival C. O primeiro deles chegará o propio día 4 da man do recoñecido creador Alberto Velasco.

Mover montañas, unha peza de danza-teatro candidata ao mellor espectáculo de rúa nos Premios Max 2025 e distinguida co premio do xurado ao espectáculo máis anovador do XXV Festival Internacional de Valladolid, é un traballo irreverente que se rebela contra a gordofobia e normatividade dos corpos en danza, e que esculca a esencia mesma do folclore para presentalo como lugar de encontro e tránsito entre tradición e modernidade. O espectáculo foi desenvolvido dentro do programa de residencias da Compañía Nacional de Danza e coproducido por Festival TAC Valladolid e Festival Danseu.

O luns 11 será quenda para Trïade, de Colectivo Glovo, unha peza que ten como punto de partida a necesidade de xuntarse, vincularse e bailar desde o coidado e a escoita nun espazo que procure unha xenealoxía feminina, unha orde simbólica persoal e independente, inspirada pola tríade luar e a súa idea do eterno retorno, vida, morte e renacemento, nun traballo de marcado carácter ritual e de culto ás ancestras e ás raíces.

Trátase doutro espectáculo enmarcado no circuíto Danza a Escena do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM).

O Colectivo DeXeito farase co escenario o luns 18 para presentar a obra 77.000, unha creación que fai referencia ao número de toneladas verquidas polo petroleiro Prestige nas costas galegas no ano 2002 e que, a través da danza e do movemento, crea unha representación propia do suceso e das súas consecuencias. A peza convida o público a reflexionar sobre a fraxilidade do noso medio ambiente e a importancia da acción colectiva en situacións de emerxencia.

A última das representacións en Bonaval chegará o luns 25 da man da Fran Sieira compañía de danza. Un baile ceibe en comunidade é unha peza contemporánea reflexo do baile e a música tradicional que investiga a relación entre o xénero e a nosa tradición analizando como os estereotipos atravesan tamén formas culturais como o baile. A partir desa consciencia, o traballo propón establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes co gallo de construír novas formas de entender o corpo e o movemento en comunicación coa comunidade.

En paralelo á presentación destas pezas, entre o 11 e o 14 de agosto o Festival C abeira tamén un laboratorio de creación e movemento, promovido polo Colectivo RPM e coa participación da coreógrafa e bailarina portuguesa Tánia Carvalho. Baixo o título de Tecer o corpo, habitar a sombra, a iniciativa resultará nunha obra de creación colectiva que  poderemos ver o xoves 14 de agosto ás 20.30 horas na Casa das Máquinas.

Contos no parque de Bonaval

Entre as propostas para público miúdo destácanse as sesións de Contos no parque que o programa Apego leva cada martes ás 18 horas á zona dos arcos do parque de Bonaval. A primeira delas acontecerá o día 5 da man da compañía Xarope Tulú. Lingoreteira é unha homenaxe ao ser falangueiriño que habita en cadaquén, que nos anima a sacar a lingua a pacer e consegue así que a palabra e a oralidade sigan vivas ou, cando menos, non morran de todo.

O martes 12 será ocasión para que Tropa de Trapo comparta seus Contos para nenas grandes e pequenas, unha proposta de narración oral e música en directo que achega historias de mulleres diversas arredor do poder do amor e da memoria, do bo trato entre as persoas e da igualdade entre homes e mulleres.

A seguir, o martes 19, Fran Rei e Feli Rodríguez porán Máis Saaabor! ás sesións do Apego cunha función que mestura música en directo, maxia, humor ritmo e gastronomía para ofrecer un menú ben gorentoso e variado.

E o Mago Paco pechará o ciclo o martes 26 con Ledicias, un espectáculo de maxia divertida e participativa coa que aguilloar o maxín e construír momentos que atesourar para a lembranza.

Poesía ao solpor

A nosa tradición oral e a música popular fanse coas tardiñas dos mércores cun ciclo que, ao caer do sol e baixo o título  de Por que non cantades todas?, cita no paseo da ferradura da Alameda a cantareiras e padeireteiras dos colectivos tradicionais máis importantes do país para reivindicar o rol das mulleres no desenvolvemento e preservación da poesía e a expresión musical galegas.

O mércores 6 serán as cantareiras e pandeireteiras de Ultreia, o día 13 as de Brincadeira, e o día 20 as de Cantigas e Agarimos, as encargadas de pór voz e son a este ciclo que honra a tradición, a memoria e os versos da nosa terra.

al e altos cargos Xurídica e patrimonial Contratación, convenios e subvencións Económica, financeira e orzamentaria Servizos e procedementos Urbanismo, obras e medio ambiente Integridade PIE DE PÁGINA Guía de comunicación Mapa Web Aviso Legal Protección de datos persoais Accesibilidade ShareThis Copy and Paste

Deixamos por aquí o programa completo para que o podades descargar

festival c programaDescarga

Post navigation

Previous: Feito o Man, vinte dous anos de música na rúa
Next: O Museo do Pobo Galego presenta a programación de setembro

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.