займ срочно

Alguén que respira! Poesía en Compostela

0

Compostela, 17 de marzo do 2023 – Santiago acolle desde este sábado a sexta edición do festival Alguén que respira! Dedicado en esta ocasión á ecopoesía.

O Respira! Desenvolverá o seu programa ata o vindeiro martes día 21, Día Mundial da Poesía. O tema central da edición é a ecoposía como ferramenta para loitar contra o cambio climático e nesa aposta, inclúese a publicación dun volume con 22 ecopoemas realizados expresamente para o encontro. Nel aparecerán, así mesmo, os catro poemas gañadores do I Certame de Poesía Respira! para estudantes.

As entradas para o festival atópanse en compostelacultura e tamén se poderán retirar no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural de 11 a 14 e de 16 a 19 h (teléfono 981 542 462). Por último, o despacho de billetes do Teatro Principal estará aberto desde unha hora antes do comezo dos recitais (teléfono 981 571 026).

O programa foi presentado esta mañá nunha roda de prensa pola concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García e o director do respira!, Antón Lopo.

O programa resulta  irresistible pola diversidade (e calidade) das propostas como polos contidos, coa poesía como elemento aglutinante e reflexivo. Figuran Amorante, Jorge Riechmann, María Grandío, Rosa Berbel, Jansky, Keith Payne, Ismael Ramos, Miro Villar, Antonio Orihuela, Margarita Ledo Andión, Versofonía, Tino de Féliz, Joseba Sarrionandía, Isaac Xubín, Ruper Ordorika, Helena Villar, Claudio Rodríguez Fer, Antía Otero, Xabier Cordal, Arancha Nogueira, Olalla Cociña, Manuel Rivas, Iago González, Ramón Blanco+Pablo Sax, Rebeca Baceiredo, Rafael Rodriguz Baixeras, Tamara Andrés, Carlos Solla, Genaro da Silva ou Clo Plas.

De esquerda a dereita Antón Lopo, Mercedes Rosón e Valentín García

O primeiro acto programa, o sábado 18, servirá de marco teórico ao festival: o ambigú do Salón Teatro acollerá, ás doce da mañá, un café de faladoiro con María Xesús Nogueira e Rosa Berbel. Nogueira é unha das grandes estudosas da ecopoesía en Galicia, ámbito no que realizou importantes achegas teóricas e de rastrexo. Pola súa banda, Rosa Belber, está a facer a súa tese sobre este xénero, ademais de ser un dos nomes máis admirados da poesía española actual.

O festival inaugúrase cun recital onde conflúen distintas linguas ibéricas. Será mañá sábado 18 de marzo as oito da tarde no Teatro Principal. Sobre o escenario catro voces de forte compromiso ecolóxico, como Jorge Riechmann, referente en España do ecoloxismo social, profesor de ética e filosofía política en Madrid; María Grandío, escritora emerxente da nova poesía galega actual, caracterizada por unha poderosa presenza escénica; Rosa Berbel, poeta e teórica da ecopoesía, e Amorante, que desde Euscadi navega con con xenio inimitable as augas da música e da poesía.

Toda a programación pódese consultar entrando en alguenquerespira

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies