займ срочно

Este sábado comeza o XXI Festival Agustín Magán de Teatro Amador

0

Compostela, 2 de setembro do 2022 – O concello de Santiago acolle, desde este sábado e ata o día 24, o XXI Festival de Teatro Agustín Magán de Teatro Amador

O Teatro Principal, a Sala Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, e o Salón Teatro acollen as representacións de esta edición. O evento está organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA. As representacións serán de balde. A entrada debe recollerse en taquilla e estarán dispoñibles ata completar o aforo.

Sala Agustín Magán no Centro Sociocultural de Santa Marta

Serán seis espectáculos os que participarán doutras tantas compañías. O festival comeza mañá sábado ás 20:00 h. no Salón Teatro, con “O caso de Martha Stutz”, un drama para público adulto interpretado por “Desfeita Teatro.

O domingo, día 4, Atrezzo Teatro representa, no mesmo escenario, “Que familia”, unha comedia para todos os públicos.

O 17 e 18 de setembro as funcións desenvolveranse no Teatro Principal. O sábado acolle “Nadal na casa dos Lamelo, unha farsa para “público familiar” de Achádego Teatro. E o domingo, “Un desastre de función”, unha comedia para todos os públicos que nos presenta Gargallada Teatro.

A última fin de semana de setembro, o 23 e 24, chegan á Sala Magán “Sincronizadas”, unha comedia de Farándula Velutina, e “A pena do cu do mundo”, unha comedia musical que interpreta Carranchanacacha (Aturuxo de Melpómene).

Ademais das concellarías de Acción Cultural e de Centros Socioculturais do Concello de Santiago, no Festival Agustín Magán tamén colaboran a Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Centro Dramático Galego.

Neste momento, o Concello de Santiago tamén está colaborando con FEGATEA na programación de Fega Teatro. Dez funcións que se están desenvolvendo en distintos Centros Socioculturais da cidade durante o segundo semestre deste ano.

O Fega Teatro” xurde como proposta para achegar ese teatro amador a toda a veciñanza por medio dos centros socioculturais, mesmo aos que non contan cunha dotación técnica ampla. O seu obxectivo é ampliar a oferta cultural, e contribuír á creación de novos públicos, chegando a espazos tando do urbano como do rural que non teñen una programación teatral estable.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies