Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Ascensión, a festa máis compostelá de Santiago

COMPOSTELA ASCENSION SLIDE 18 MAIO 2025

Desde o vindeiro día 28 Compostela abre as portas á festa máis picheleira a dicir de nós mesmos, a da Ascensión. Este ano a actuación de Tanxugueiras será un dos destacados do menú con permiso de Guadi Galego ou Queralt Lahoz.

A Ascensión comezará o mércores 28 de maio e estenderase ata o domingo 1 de xuño cun programa repleto de concertos e actuacións musicais, circo e eventos deportivos, sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna.

Guadi Galego, Tanxugueiras ou Queralt Lahoz son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest. O Recinto Feiral de Amio acollerá a Festa das Persoas Maiores o sábado 31 e a popular Feira Cabalar durante a xornada do xoves da Ascensión.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, presentou o programa completo das Festas da Ascensión que podedes descargar no seguinte enlace 

ascension programaDescarga

A concelleira fixo referencia ao cartel daAscensión, autoría de Rosa de Cabanas, “que centra a maior parte da súa obra na imaxe das mulleres, e que en este caso apoiouse nunha fotografía dunha feira de gando na Carballeira de Santa Susana no ano 1919, na que aparecen varias mozas en primeiro plano, termando do gando”.

Estas mozas aparecen na parte inferior do cartel, “como se fosen a raíz oculta, mentres que na parte superior aparecen as mesmas mozas pero nun tempo actual, con vestimenta contemporánea e portando cadansúa pandeireta. Atención aos zocos, son antigos e son contemporáneos”, mesturando pasado e presente e rendendo homenaxe tamén ás Letras Galegas.

Programa

As festas terán lugar do mércores 28 de maio ao domingo 1 de xuño, mais as atraccións estarán xa na Alameda desde o día 17 de maio e manteranse ata o 3 de xuño. A concelleira lembrou tamén que se manteñen tanto os horarios inclusivos sen ruído, que serán os días 23 e 31 de maio e o 1 de xuño de 17 h a 19 h, como o Punto Lila, que estará instalado na Alameda desde o 28 ao 31 de maio, cun horario de atención de 20 h a 01 h.

Dentro do programa, Lueiro destacou “a forte aposta que facemos este ano pola música galega e en galego, en formatos e estilos moi variados: grandes concertos como As Tanxugueiras, Ailá e Guadi Galego, as alboradas e ruadas a cargo de agrupacións folclóricas e grupos de música tradicional do noso Concello, os cantos de taberna, o Composfest, a Romaría das Flores ….”. Non faltarán as tradicionais citas como o concurso cabalar, o torneo da chave ou os cabezudos.

As festas arrancan o mércores 28 cos Cantos de Taberna e co concerto Santiago 40 Pop ás 21.00 h na praza da Quintana con Depol como un dos artistas principais. O día grande da Ascensión, o xoves 29, comeza con alboradas e continúa cun concerto da Banda Municipal ás 12 h na praza da Quintana, acompañada de Ultreia.

Os cabezudos animarán a xornada a partir das 12.30 h e quen o prefira poderá darse unha volta polo recinto feiral de Amio para ver a tradicional feira cabalar. Xa pola tarde será o tempo do completo programa de Folk na rúa e do concerto da Real Filharmonía (ás 20.30 h no Auditorio de Galicia). O prato forte chegará ás 21 h na praza da Quintana co concerto de Tanxugueiras. Na alameda estará a Orquestra Marbella.

O venres 30 gozaremos con outro clásico, o Composfest, cheo de boa música e que “será presentado en breve”, segundo indicou a concelleira. Tamén terá lugar o XLVIII Torneo da Chave na Alameda. O día complétase con alborada pola mañá e orquestra pola noite.

O sábado 31 de maio será a xornada da Festas dos Maiores, da exposición de vehículos clásicos e contemporáneos ou das escolas de baile tradicional nas prazas da zona vella e da Romaría das Flores en Belvís. A praza da Quintana acollerá o concerto de Queralt Lahoz, dentro do ciclo SON Estrella Galicia.

O último día das festas, o domingo 1, celebrarase a XXIV Carreira da Ascensión e un novo concerto da Banda Municipal, neste caso con Ailá. Tamén haberá circo para a cativada na praza de Mazarelos. Guadi Galego será a encargada de poñer o broche final ás festas picheleiras por excelencia cun concerto ás 20.30 h na praza da Quintana.

Post navigation

Previous: Vivenda e desigualdade social nos luns do Ateneo
Next: Melide e a Deputación mellorarán trece rúas do concello

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.