займ срочно

Unha Ascensión ao cen por cen

0

Compostela, 16 de maio do 2022 – Despois de dous anos volven as Festas da Ascensión ao cen por cen, atraccións de feira incluídas, en con ganas acumuladas de pasalo ben.

As da Ascensión son as festas de Compostela, máis incluso que o Apóstolo. Desde o mércores 26 volven a cen por cen e durarán ata o domingo 29 ofrecendo todo tipo de actividades. Recuperase ademais a Festa dos Maiores, o sábado 28 no Recinto Feiral de Amio, e a Feira Cabalar do día 26.

Ascensión é música

Os concertos son parte das festas e o dos 40 principales é unha das citas habituais que en este caso abrirá as celebracións as nove da noite, o 26, na Praza da Quintana. Presentado por Tony Aguilar contará con Rayden, Agoney, Twin Melody, Lemot, Dani e Nil Moliner e Tanxugueiras que interpretarán dous temas e seguro que liarán algo co seu amigo Rayden.

Dios Ke te Crew estarán na sala Capitol

A partir de esa noite os concertos seguirán coa mítica orquestra París de Noia, o xoves ás 20:00 na praza do Obradoiro; The Sey Sisters, á mesma hora na praza da Quintana; Dios ke te crew o venres ás 22:00 na Sala Capitol, ou Kae Tempes na praza da Quintana o sábado ás 22:00.

As orquestras Miramar e Galilea, distintas corais da cidade e a Banda Municipal de Música de Santiago tamén amenizarán as rúas, e tampouco faltarán as tradicionais alboradas que ambientarán a cidade desde o xoves ata o domingo, en horario de 10 a 12 h. Ademais, en diferentes prazas da vila, cidadáns e visitantes poderán desfrutar das actuación máis tradicionais cos ciclos “Folk na rúa” e “Escolas de Baile Tradicional”, ofrecido polas agrupacións folclóricas da cidade como Cantigas e Agarimos, Ultreia ou Brincadeira, entre outras.

Máis actividades

Outra das actividades tradicionais que se repetirá este ano é o torneo da Chave, que acada a súa XLV edición e que se desenvolverá venres e sábado na Alameda compostelá.

A chave volve tamén á Ascensión

O programa inclúe ademais outras actividades para públicos diversos, como a representación da peza de teatro “Silencio” con Blanca Portillo, que terá lugar no Auditorio de Galicia o xoves 26 ás 20:30, ou o campionato de Freestyle Motocross o sábado 28 ás 19:30 no Multiúsos Fontes do Sar. O Centro Xuvenil Don Bosco acollerá tamén un ciclo de milongas precedido por un curso de tango o sábado a partir das 16:30 h.

Actividades para os máis pequenos

O programa complétase cunha oferta variada para o público familiar con espectáculos de teatro e monicreques para a cativada, que terán lugar na Alameda en horario de 12:00 e 18:00 h, e a obra “Páxaros no cabo” o venres ás 21 h no Pavillón das Fontiñas. Este ano, pequenos e maiores tamén poderán gozar coa tradicional comparsa de cabezudos que fará o percorrido habitual polas rúas do casco histórico compostelá o día grande das festas, o xoves

Por suposto, durante os días de duración das Festas, a Alameda volverá a acoller as populares atraccións para deleite dos máis pequenos.

Feira Cabalar

Tras dous anos de ausencia, esta edición recupera a tradicional Feria Cabalar, que terá lugar o xoves 26 de maio no Recinto Ferial de Amio, e que ofrecerá un amplo programa de actividades a todos os afeccionados ao mundo do cabalo galego, con andaduras, mostras e entrega de premios, e un espectáculo ecuestre de doma.

Festas dos Maiores

Tamén volverá a Festa para as Persoas Maiores na que é xa a súa 23 edición, para que os nosos maiores poidan volver reunirse e desfrutar xuntos dun xantar con sobremesa amenizada pola orquestra Fussión e José Manuel Punzano, a un prezo adaptado a todos os petos de 7,50 euros. Esta xuntanza terá lugar o sábado 28 de maio no Recinto Feiral de Amio, e as entradas estarán dispoñibles a partir do día 16 de maio no despacho de billetes do Teatro Principal. Para facilitar o acceso, o Concello habilitará un servizo de buses desde a praza de Galicia ata o Recinto Frial de Amio en horario de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 h a 19:00 h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies