Este venres a deportista Blanca Millán dará o pregón co que comezarán as Festas do Apóstolo 2025. O cartel é unha reinterpretación do creado por Castelao para ás de 1912 e este é sen dúbida o ano para recuperalo.

Compostela entra desde este venres 18 en modo festa coas máis internacionais, as do Apóstolo. Si as da Ascensión son as da casa estas son aquelas ás que todo o mundo quere vir, sxa sexa polos fogos, polos concertos ou por ser unha boa escusa para visitar a cidade.
O pregón abre o Apóstolo e correrá a cargo da xogadora de baloncesto compostelá Blanca Millán. No programa de concertos Biznaga, Youssou N’Dour, Sés, Baiuca ou Maika Makovski; un feixe de artistas e estilos para tódolos gustos.
O Apóstolo durará ata o día 31 e ademais da música estará o folclore, as orquestras, a danza, os cabezudos, as alboradas…e por suposto os tradicionais espectáculos pirotécnicos o 24 e o 31. Coma sempre o Apóstolo é sinónimo de atraccións que estarán na Alameda dende hoxe con cinco días de horario inclusivo sen ruído para que poidan ser accesibles a todas as persoas.




O cartaz deste ano lembra o cartel que Castelao deseñou para as festas do ano 1912 e reinterpreta o orixinal, cuxa reprodución se pode ver nos corredores do propio Pazo de Raxoi ou na exposición “Traxes e cores de Galiza” no Colexio de Fonseca, 113 anos despois.
Deixamos por aquñi o programa completo para que vaiades anotando na axenda
