O ano pasado repartíronse máis de 10.000 racións en catro días. A Festa celebrarase do 4 a0 7 de abril cun pregón como punto de partida que dará a alcaldesa, Goretti Sanmartín.
A Festa da Uña chega, segundo algúns estudosos, desde o século XVII. A poxa das uñas do porco servía para financiar os lazaretos, hospitais de enfermos. De ese nobre obxectivo nace a festa que cada ano se celebra no barrio compostelá de San Lázaro.

Na última edición repartíronse máis de 10.000 racións e, si ben é certo que non resulta doado explicarlle a un estranxeiro o manxar que poden ser unhas uñas ben feitas, cada ano son máis os que participan da parte máis gastronómica do evento.
Se queres estar ao día de todas as festas segue a nosa etiqueta Festas e Feiras no seguinte enlace https://tinyurl.com/25fu3zh7 e enche a túa axenda de sitos aos que ir
A presentación da programación da Festa da Uña 2025 tivo lugar non concello coa participación da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da asociación gastronómica e cultural Orde da Uña, Fernando Neira.
Míriam Louzao destacou que este ano consolídanse no programa importantes novidades que se introduciron o ano pasado, que amosan a vitalidade da Festa da Uña de San Lázaro e o seu atractivo tanto para o conxunto da veciñanza de Compostela como para as persoas que visitan a cidade nas datas previas á Semana Santa.

Repetirase a inauguración da Festa cunha degustación de Uñas no Centro Comercial As Cancelas. Nesta ocasión incluirá música ao vivo e un pregón que dará a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín. Esta degustación terá lugar a partires das 20.00 horas do venres 4 de abril.
Ademais, este ano a SD Compostela volverá a agasallar con entradas para o partido do domingo 6 de abril contra o Salamanca no Estadio Vero Boquete a aquelas persoas que consuman uñas nos locais adheridos á promoción gastronómica da Festa da Uña.
En esta edición son vinte e cinco os restaurantes, do barrio de San Lázaro pero tamén doutros barrios, que ofrecerán durante estes días as súas versións do tradicional prato das Uñas, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo.
Os locais que ofrecen as uñas, así como o programa completo da Festa, poderá consultarse no programa de Semana Santa e en santiagoturismo.
A Asociación Orde da Uña dedica a Festa deste ano á memoria dos veciños do barrio Ramón Taboada Viña, poxador durante 33 anos, de 1969 ata 2002, Juan Carlos López rey, o “Municipal”, colaborador do anterior, e José Antonio Mosquera Fernández, poxador entre 2003 e 2019.