Compostela, 11 de xaneiro do 2023 – Unha nova edición da Feira de Edición e Libro Ilustrado, a FELiiC, terá lugar en Santiago o vindeiro día 21 organizada pola Deputación da Coruña.
Trátase dun programa de charlas que buscan mostrar o traballo de artistas e editoriais. A FELiiC busca coñecer o momento actual do sector e afondar nas novas tendencias e contidos. A feira conta ademais coa colaboración Afundación, Obra Social de Abanca.

A iniciativa céntrase na edición e autoedición de libros ilustrados que están relacionados directamente cos traballos das ilustradoras e ilustradores que participan na MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea). O obxectivo é, ademais, a difusión do Premio Castelao de Banda Deseñada organizado tamén pola Deputación da Coruña.
O evento complétase cunha pequena feira onde as persoas visitantes poderán mercar as publicacións das autoras e editoriais convidadas, así como as novidades editoriais no eido dos libros ilustrados.
Programa
A FELiiC busca resaltar a importancia do traballo das ilustradoras e ilustradores á hora de ter que completar unha narración literaria a través das súas interpretacións ilustradas, así como cando se enfrontan ao momento de crear os seus propios proxectos co fin de ser editados ou autoeditados.
Ademais, resalta o traballo das editoriais que apostan por edicións moi coidadas onde a ilustración é tan protagonista coma o texto, poñendo así en valor o formato do libro ilustrado como un todo artístico que enriquece e fomenta a lectura.
• 11:00h |Apertura evento
Postos que participan: Libraría Pedreira, Libraría Lila de Lilith e Galería Maraca
• 11:15h | Auditorio
Presentación a cargo de Xurxo Couto, Deputado de Cultura
• 11:30h | Auditorio
Premios Castelao de Banda Deseñada: un apoio continuado á edición galega ilustrada.
Interveñen: Siqui Luis Yang, debuxante de O Bico da Serea; Uxía Larrosa, guionista de O Bico da Serea; Francisco Pérez, autor de Contando Estrelas; e Julia Lago, autora de Nós Seis.
• 16.15h | Auditorio
Libros ilustrados: as diferentes experiencias e procesos creativos que hai detrás.
Interveñen: Cristina Daura, ilustradora de Herstory, una historia ilustrada de las mujeres; Aitor Saraiba, autor de El libro de la crisálida. Modera: Laura Romero, presidenta da AGPI, Asociación Galega de profesionais da Iilustración.
• 17:45h | Auditorio
En portada: a imaxe que precede ás mil palabras.
Interveñen: Natalia Umpiérrez, ilustradora de En la celda había una luciérnaga; Nuria Riaza, ilustradora de El círculo de las hijas perdidas; Marta Font, ilustradora de Desde mi piel. Modera: Raúl Bermúdez, director creativo de Chachachá Estudio e editor de IlustraDots vol.I e IlustraDots vol.II.