Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“Feito en Santiago”, unha marca para o comercio de Compostela

compostela feito en santiago 7 agosto 2024

Compostela, 7 de agosto 2024 – A concelleira de Promoción presentou a campaña “Feito en Santiago”, que ten como obxectivo “poñer en valor as iniciativas empresariais locais que contribúen ao desenvolvemento económico do noso municipio”.

“Feito en Santiago” inclúese no programa “Compostela Móvese” de apoio á cultura emprendedora, e vaise desenvolver ata o mes de novembro. Rozas explicou que se fai “co obxectivo de poñer en valor empresas e pequenos negocios que contribúen a construír cidade”.

Trátase, segundo a concelleira, de crear “unha imaxe de marca que anime ao emprendemento e asentamento de novos proxectos en Santiago, e que dea a coñecer entre a veciñanza os valores engadidos destas inciativas empresariais”.

Imaxe de marca

“Feito en Santiago” inclúe as variantes “Faino en Santiago”, “Faise en Santiago” e “Fanse en Santiago”. A imaxe de marca, de corte moderno e limpo, destaca o nome de “Santiago” subliñándoo de diferentes cores, cada unha delas relacionada cunha área de impacto: o amarelo, para os proxectos que empurran a economía local; o vermello, para os que dignifican a vida cidadá; o azul, para os que contribúen á cohesión social; o morado, para a promoción da educación, patrimonio e arte; o laranxa, para aquelas iniciativas sobre mobilidade e territorio, e o verde, centrado nos emprendementos que apostan pola sustentabilidade e transición verde.

A campaña de comunicación realizarase entre os meses de agosto e novembro, e nela promocionaranse ata 30 iniciativas empresariais e institucionais vencelladas ao ámbito do desenvolvemento económico que operen en Santiago de Compostela.

Procúrase así a promoción dos sectores estratéxicos para a economía local, coma a biotecnoloxía e as ciencias da saúde; a transformación da madeira; a economía social vinculada ao terceiro sector; as industrias relacionadas co turismo; as industrias culturais e creativas; a economía circular; a economía de proximidade, e a silver economy.

Post navigation

Previous: Ramón F. Reboiras presenta en Dodro “El chevrolet de Pessoa”
Next: Nova paralización xudicial dun proxecto eólico en Lalín e o Irixo

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.