Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Verónica Codesal abre con “100 voltas” o XXI Feito á Man

cartazFAM2024aaffA3

Compostela, 5 de agosto do 2024 – As prazas e rúas da zona vella de Compostela acollen desde hoxe e ata o 24 de agosto unha nova edición do Feito á Man.

Feito á Man está impulsado desde a Asociación Cultural Cidade Vella e conta coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, e apoiado por outras empresas colaboradoras.

Trece escenarios acollerán máis de corenta propostas artísticas de diferentes estilos musicais

O escenario central será novamente o NARF, instalado na Praza da Quintana e en Praterías. Baixo o lema “a cidade paralela, aquela que nos habita”, o festival celebra o seu 21º aniversario.

Do 5 ao 24 de agosto, a Rúa de Santo Agostiño, Praterías, a Praza dos Gatos, a Praza de Feixóo, a Quintana, a Vía Sacra ou San Paio de Antealtares serán algúns dos trece espazos da cidade histórica nos que se poderá gozar de música ao vivo.

A programación contará con recoñecidas bandas da escena musical galega como Ruxe-Ruxe, Ailá ou Biribirlocke, mais tamén de novas formacións como Pablo Leira ou o dúo composto por Gloria Pavía e Rafa Morales. No menú musical deseñado por Ánxeles Porto para este caloroso mes de agosto, súmanse tamén propostas artísticas chegadas doutros países.Os arxentinos Claudio H. Mestís Trío e Lacandona, tamén fan parte do cartaz xunto a outras moitas artistas internacionais.

Tamén se poderá gozar nas rúas da cidade vella de grupos coma os cubanos LAYUCA, David Alvarez y el trío Café Son ou Alejandro Vargas trío, que o público desfrutará nunha proposta de directo acompañado do galego Xosé Miguélez.

O Feito a Man 2024 comeza hoxe na Praza dos Gatos cun concerto de Verónica Codesal e rematará o día 24 de agosto no Escenario NARF da Quintana co grupo Chekan

A programación completa pódese consultar na web do festival: www.festivalfeitoaman.gal

Post navigation

Previous: Este venres comezan as Festas do Apóstolo
Next: Este xoves comeza o Noia Harp Fest

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.