Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A feira de emprego Talentia Summit comeza este xoves

compostela foro talentia 1 decembro 2025

Talentia Summit comenza este xoves cun foro ao que seguirá unha feira virtual de emprego entre o 9 e o 11 de decembro. Os cambios que a Intelixencia Artificial e a Xeración Z están a introducir nas empresas é o eixe central de esta adición.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Emprego, María Rozas, presentou o evento nunha rolda de prensa na que tamén avanzou os detalles da Feira.

Rozas lembrou que o Talentia Summit é “un evento referente no ámbito laboral e formativo, que acada cifras récord de participación en cada edición. Na do ano pasado superou todas as expectativas con máis de 60.000 usuarios e usuarias, máis de 1.100 entrevistas de traballo, e case 2.500 curriculums intermediados”. Este ano, explicou, “aspiramos a manter esas cifras, cun programa que volve facer unha gran aposta pola formación”.

Foro Talentia

O Talentia Summit é un evento con dúas partes diferenciadas e complementarias: dunha banda o evento inaugural, o Foro Talentia, que se celebrará o vindeiro xoves 4 de decembro, e por outra parte a Feira, que se desenvolverá do 9 ao 11 de decembro.

O Foro Talentia, estará centrado na Intelixencia Artificial e na Xeración Z, e contará coa participación de voces expertas, líderes empresariais, e perfís emerxentes no ecosistema tecnolóxico e creativo.

Un dos nomes protagonistas do evento será o da pianista Isabel Dobarro, que despois de gañar un Grammy Latino, ofrecerá unha conferencia no marco do Foro Talentia, ademais de actuar en directo durante o evento

Xunto a ela, polo Foro Talentia pasarán Sebastián Brandt, director executivo de Odoo España, unha empresa que acompaña a outras nos seus procesos de dixitalización; María Soto, experta en innovación tecnolóxica e en intelixencia artificial da empresa Bravent; e Lara Neira, CEO e confundadora da startup Nigal, e doutora en intelixencia artificial.

Tamén está confirmada a participación de Sergio Lucas, CEO e fundador de Leeters, unha empresa experta en talento e selección de persoal a través da Intelixencia Artificial; da arquitecta Sofía Blanco, cofundadora do estudo Barboza Blanco Office recoñecido polo seu traballo sobre novos espazos arquitectónicos: e de dous e dous expertos en talento dixital do grupo Go Talents: Saúl Campos e Anadía Delgado

O Foro Talentia celebrarase o 4 de decembro, a partir das 18:00 horas no Palacio de Congresos. A entrada é de balde, pero o aforo é limitado, polo que é conveniente a inscrición previa a través da web talentiasummit.com

Feira virtual de formación e emprego

A outra pata do Talentia Summit é a feira virtual de formación e emprego, que se desenvolverá do 9 ao 11 de decembro cun amplo catálogo de actividades, como cursos de formación, certificacións oficiais en competencias dixitais e idiomas ou obradoiros para mellorar a marca persoal.

Como vén sendo habitual no Talentia, ofreceráse a posibilidade de axendar citas cos responsables de selección de personal de diferentes empresas participantes, e tamén de enviar o curriculum a centos de procesos de selección abertos por esas empresas.

No apartado da formación, destaca un ano máis a posibilidade de acceder de balde a máis de 15.000 cursos on line dentro da plataforma Linkedin Learning; así como a oferta da Plataforma Talentia IT Skills, que permite acceder a formación oficial en cursos oficiais de tecnolóxicas como Microsoft, Cisco, Meta, ou JavaScript.

No que ten que ver cos idiomas, o Talentia ofrece a posibilidade de obter a Certificación Oxford, en diferentes niveis. No que ten que ver coa formación, as persoas interesadas poderanse inscribir nun máximo de 4 cursos. Para as entrevistas con empresas e as mentorías non haberá límite de inscricións.

Post navigation

Previous: Programación de decembro no Museo do Pobo
Next: A Deputación eleva o vindeiro POS aos 88 millóns de euros

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.