Compostela, 4 de setembro do 2024 – Compostela acolle un ano máis o Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán que chega en esta ocasión a súa edición número vinte e tres.
A Federación Galega de Teatro Amador, FEGATEA, é a responsable da organización do Agustín Magán en colaboración co concello de Santiago, a Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e o Centro Dramático Galego.
Os espazos aos que se subirán as seis compañías que participan serán o Salón Teatro, o Teatro Principal e a sala Agustín Magán do centro sociocultural de Santa Marta.
O XXIII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán foi presentado en rolda de prensa pola presidenta de FEGATEA, Chelo Pampillón, o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez.
O ciclo desenvolveráse do 7 ao 27 de setembro, coa participación das compañías de teatro amador Disfunción Continua, Ditea, Porta Aberta, Gargallada Teatro, Teatro Antas de Ulla e Teatro Pesadelo. Todas as representacións son de balde.
Colaboración do Concello
Na rolda de prensa, o edil de Centros Socioculturais reiterou a vontade do Concello de manter a colaboración con FEGATEA “desde o máximo recoñecemento as compañías de teatro amador, que comparten coa rede de centros socioculturais unha función social que vai máis alá da artística e que contribúe a crear lazos comunitarios”.
A programación pode consultarse na web de FEGATEA e na súaconta de Facebook.