Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Reportaxes
  • Xeral

Fairway 2023, todo o Camiño en Compostela

O V Fórum do Camiño de Santiago, o Fairway, celebrarase no Palacio de Congresos de Compostela do 1 ao 3 de novembro próximos,
Fairway-Congr_Branding-normal-17-outubro-2023_r

Compostela, 17 de outubro do 2023 – O V Fórum do Camiño de Santiago, o Fairway, celebrarase en Compostela do 1 ao 3 de novembro próximos. Unha oportunidade única para coñecer o Camiño, pero tamén para traballar no Camiño, comercializar o Camiño e ter unha visión profesional da ruta.

O Fairway é a feira máis importante arredor do Camiño de Santiago. Vai máis alá dunha mostra xa que concentra unha feira de emprego, un workshop con turoperadores, xornadas de formación, ademais de expoñer todo o que un pode atopar no Camiño e actividades para o público en xeral no open day.

Hai unha semana era presentado no Hostal dos Reis Católicos coa presenza do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o deputado delegado do Camiño de Santiago na Deputación de A Coruña, Antonio Leira; a concelleira de Turismo do Concello de Santiago, Miriam Louzao, e os tres codirectores do Fórum do Camiño de Santiago, Ana García de Trevisani, Manuel Oreiro de Viajes Viloria, e  Tono Mugico de Mr Turismo Marketing en Acción.

Xosé Merelles, destacou o papel de Fairway como “unha cita indispensable no outono galego para os cada vez máis profesionais vinculados ao Camiño de Santiago”. Antonio Leira indicou que Fairway “supón un escaparate excepcional para a promoción dos Camiños e dos municipios polos que pasan”. Finalmente, a edil compostelá puxo en valor a contribución de Fairway “na dinamización do turismo MICE na cidade”, que suscita cada vez maior interese.

Toda a información na web do Fairway

Todo o Camiño en Compostela

O Palacio de Congresos e exposicións acollerá do 1 ao 3 de novembro todo o que un poda imaxinar arredor do Camiño. En Lindeiros quixemos afondar en esta oferta tan ampla que, como nos contaba Tono Mugico, comeza a prepararse máis de seis meses antes.

O Fairway é un evento único. Existiron , e seguirán celebrándose, moitos congresos e reunións arredor do Camiño pero esta feira aborda as distintas rutas que conducen a Compostela dun xeito profesional.

Tono Mugico responsabilizase da Fairway Academy, un evento que da a posibilidade aos profesionais a posibilidade de formarse arredor das últimas tendencia en marketing dixital. O gran crecemento de Tik Tok, e como aproveitalo, ou os nómades dixitais  son algunhas das materias das que se falará.

Unha oportunidade para o emprego

Unha das partes máis interesantes do Fairway tanto para os profesionais como para o público en xeral é a feira propiamente dita. Un escaparate no que se xuntan todas as administracións e as empresas que ofertan servizos ao longo de toda a ruta tal e como nos explicaba Ana García

García responsabilizase ademais dunha feira de emprego que trata non só de colocar á xente, tamén de atopar os mellores profesionais para as empresas que os demandan. Unha feira necesaria entre outras razóns porque os postos baleiros son cada vez máis especializados e aquí poden expoñer as súas necesidades entre os que buscan emprego.

O Camiño amplía cada o período de traballo efectivo. Os seis meses hai tempo que quedaron atrás e hoxe en día os postos de traballo duran na maioría dos casos 8 ou 9 meses cando non son xa fixos.

O Camiño como negocio

O Fairway é ademais unha oportunidade de negocio para os profesionais do sector que traballan en Compostela. Manuel Oreiro explícanos que se trata dunha oportunidade única xa que non todos poden permitirse acudir a feira internacionais polo que ter a un número tan importantes de turoperadores na cidade posibilita o peche de acordos para o resto do ano.

Non hai un modelo concreto de turoperador, cada un xestiona unha liña de negocio distinta e pode combinar distintas ofertas para ofrecer un paquete adaptado ao cliente. Poder sentarse con eles abre todas as posibilidades.

Estes turoperadores terán ademais unha serie de viaxes de familiarización co Camiño. Antes do Fairway percorrerán algunhas das rutas para coñecer máis de cerca a oferta. Un coñecemento que despois pode traducirse en contratacións.

Open Day

O día dedicado a poboación en xeral terá, como en anos anteriores, unha serie de actividades moi especiais. O ano pasado o concerto de Xabier Díaz foi un éxito e por iso repetirá o 1 de novembro a partir das seis da tarde. Do resto de propostas previstas destaca a sesión Contos e vermú, que contará con Quico Cadaval e Sole Felloza cunha serie de relatos vinculados ao Camiño. Continúan ademais as propostas xa consolidadas de escape rooms e obradoiros de mindfulness. Todas as actividades en Fairway son de balde, previa inscrición a través da web.

Un evento profesional único

Fairway é o único foro profesional sobre o Camiño de Santiago e este ano alcanza a súa quinta edición. Comezou a súa andaina en 2015 e está promovido polas empresas Viloria, Trevisani e Mr Turismo. A cita consolidouse como un evento de referencia para o sector turístico en xeral, e o das Rutas Xacobeas en particular. Esta quinta edición, que se desenvolverá entre os días 1 e 3 de novembro, conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.

Post navigation

Previous: A Deputación construirá unha nova senda peonil en Biduído, Ames
Next: Joana Carneiro dirixe a Real Filharmonía de Galicia

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.