Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“Faino en Santiago”, emprender en Compostela

compostela faino en santiago SLIDE 3 xullo 225

O Concello presenta a campaña “Faino en Santiago” que busca “emprendemento Sostible e Con Propósito”

O edificio Cersia de San Lázaro acollerá a próxima semana as xornadas presenciais do programa “Faino en Santiago”, unha iniciativa municipal que dará apoio a proxectos que sexan sostibles económica, social e ambientalmente.

“Faino en Santiago” nace do departamento municipal de Promoción Económica co obxectivo de ser un espazo de encontro, formación e inspiración para as persoas que queiran emprender. As chalas e cursos serán de balde.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou “Feito en Santiago” acompañada por Borja Iglesias e Teresa Gutiérrez, fundadores da cooperativa Falar a Mare que se encarga do desenvolvemento do programa.

A tenenta de alcaldesa explicou que ”o obxectivo do Concello é acompañar ás persoas que queiran emprender, e que queiran facelo apostando por modelos de negocio rendibles pero tamén sustentables”.

María Rozas lembrou que “a aposta por unha Compostela emprendedora e da economía social é un dos eixos de actuación tanto da Axenda Urbana 2030 como do V Pacto Local polo Emprego, que se fixou como obxectivo contribuir á creación e mantemento dun emprego xusto, decente e de calidade e impulsar un emprendemento sostible e inclusivo”.

Pola súa banda, Teresa Gutiérrez salientou que “é moi difícil atopar un programa coma este, completamente de balde e impulsado desde unha administración pública, neste caso o Concello de Santiago, que aposta por outro modelo económico posible diante dunha situación de emerxencia climática e social”.

A fundadora de Falar a Mare tamén destacou que o equipo docente do programa “está formando integramente por persoas que foron emprendedoras, e iso marca a diferenza porque sabemos o que custa empezar e o que custa manter os proxectos no tempo, e por iso non ofrecemos teoría senón práctica”.

A día de hoxe, xa están inscritos 28 proxectos diferentes. Borja Iglesias explicou que abordan sectores moi diferentes, como a alimentación, a artesanía, a cultura e a educación ou a atención á saúde. Algúns deles son iniciativas que xa iniciaron a súa andadura, e outras están só na fase de proxecto.

Xornadas presenciais

O programa “Faino en Santiago” bota a andar coas xornadas presenciais que se van celebrar os días 9, 10 e 11 de xullo no edificio Cersia de San Lázaro. Serán tres días intensivos con obradoiros prácticos, paneis de experiencias e dinámicas grupais.

Entre outras cuestións, as persoas participantes poderán coñecer as oportunidades e recursos que ofrece Santiago para o emprendemento, aprenderán a definir as áreas estratéxicas das pequenas empresas e como se pode incorporar a sostibilidade ao modelo de negocio, ou coñecerán como definir un plan financeiro e de xestión de recursos humanos para unha empresa.

Formación en liña e acompañamento

Despois das primeiras xornadas presenciais, o programa “Faino en Santiago” continuará con actividades de formación en liña e de acompañamento individualizado, que se desenvolverán desde o 12 de xullo ata o 30 de outubro.

Serán sesións grupais e titorías personalizadas, de apoio ás persoas inscritas no deseño e planificación do seu proxecto. Os días 15, 22 e 29 de xullo; o 5 de agosto e o 16 de setembro están previstas ademais sesións de formación grupal, que se desenvolverán en horario de mañá pero que serán gravadas para que as persoas participantes poidan volver velas cando o precisen.

Por último, do 12 de xullo ao 30 de outubro, haberá tamén sesións para o acompañamento ou a resolución de dúbidas.

Desta maneira, as persoas que se sumen ao programa “Faino en Santiago” terán acceso a un conxunto de ferramentas dixitais que lles permitirán planificar, estruturar e facer seguimento real dos seus proxectos, deseñadas especificamente por Fala a Mare para o acompañamento das pequenas empresas. En concreto, abordaranse catro eixos temáticos: modelo de negocio con propósito, estratexia empresarial, planificación financeira, e comunicación.

O prazo para inscribirse no programa Faino en Santiago estará aberto ata o domingo, a través da web https://www.fainoensantiago.gal/

Post navigation

Previous: Padrón inviste máis de 1,5 millóns de euros en distintos obras
Next: O alcalde de Oroso síntese discriminado polo Delegado do Goberno

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.