займ срочно

“Xoias do ceo”, nova exposición do OARMA da USC

0

Compostela, 1 de decembro do 2022 – O Observatorio Astronómico Ramón María Aller, OARMA, da USC inaugura, hoxe, no Claustro Alto de Fonseca a exposición “Xoias do ceo”.

A mostra “Xoias do ceo” reúne imaxes en alta resolución do sistema solar e do ceo profundo acompañadas do comentario científico elaborado por José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo Díaz e Xabier Pérez Couto. A exposición estará aberta ata o 20 de xaneiro.  

Imaxe de John_Nature_Photos

A Lúa, o Sol, os planetas Marte, Xúpiter e Saturno e o cometa Leonard amósanse en dez fotografías realizadas por Salvador Ortega Saura.  Outras vinte e oito instantáneas realizadas por Francisco Javier Cerdán Nuñez retratan estrelas, estrelas múltiples, e cúmulos estelares, amais distintas nebulosas pertencentes á Vía Láctea, e inclúen tamén unha vista parcial da nosa galaxia e imaxes doutras cinco galaxias diferentes.

Instalacións do OARMA no Campus Sur

Os textos explicativos que acompañan ás fotografías foron elaborados no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC por José Ángel Docobo (xestor da exposición), Pedro Pablo Campo Díaz e Xabier Pérez Couto, que tamén son responsables  da preparación de información e textos adicionais, como o texto introductorio, outro sobre os inicios da fotografía aplicada á astronomía, e un resumo das técnicas utilizadas na captura das distintas imaxes astronómicas.

En palabras do Profesor Docobo, “esta exposición é un claro exemplo de colaboración da astronomía profesional coa afeccionada” e demostra que “a pesar de que hoxe en día os telescopios espaciais nos marabillan con fotos espectaculares, non é menos certo que aínda dende lugares ben escuros da Terra, aínda poden obterse fotos de gran calidade e alta resolución como as que poden contemplarse nesta bonita exposición, que sen dúbida ten un alto interese tanto didáctico como informativo”. A mostra conta co apoio da Xunta de Galicia- Xacobeo 21-22, o Ministerio de Ciencia e Innovación, do CITMAga e de Óptica Val. Pode ser visitada de luns a venres de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies