Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Santiago proxectado, a Compostela que puído ser

A Casa do Cabido acolle a exposición “Santiago proxectado, arquitecturas non construídas” unha mirada á Compostela que puído ser.
santiago-proxectado-slide-15-novembro-2023-(4)_r

Compostela, 15 de novembro do 2023 . A Casa do Cabido acolle a exposición “Santiago proxectado, arquitecturas non construídas” unha mirada á Compostela que puído ser.

Unha mostra que recolle 14 proxectos que foron pensados e proxectados pero non construídos. Ideas que puideron cambiar a fisionomía urbana de Compostela.

Trátase dunha exposición que sorprende porque si hai proxectos que encaixan na cidade actual hai outros que levan ao visitante a unha distopía urbana. Pensar nunha vía urbana que unira a actual estatua das Marías con San Roque ou nun edificio moderno substituíndo ao Pazo de Raxoi, leva de súpeto a outra Compostela.

Esta mostra reúne por primeira vez en Compostela, e en Galicia, unha serie de proxectos urbanísticos e arquitectónicos xestados ao longo da historia da cidade e que por diversas circunstancias non chegaron ao seu fin e permanecen no descoñecemento ou no esquecemento.

O proxecto expositivo foi comisariado polo historiador e xornalista Fernando Franjo e a historiadora da arte Ana Paula Castro. Contou tamén co apoio técnico dun equipo de arquitectos coordinado por Paula Franjo.

Ao acto de apertura acudiu, ademais dos promotores, a presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín; a xerente da institución interadministrativa, Belén Hernández; o responsable de publicacións e exposicións do Consorcio, Juan Conde, así como membros da corporación municipal santiaguesa.

“Santiago proxectado” fai un percorrido cronolóxico pola historia de Compostela baixo o punto de vista da súa arquitectura non edificada e, en opinión dos comisarios, ademais da visibilización destes proxectos arquitectónicos e urbanísticos, pode entenderse como unha reflexión sobre a historia social e cidadá e un paso mais no coñecemento do pasado compostelán.

Catorce proxectos

A exposición analiza un total de catorce proxectos que puideron supoñer unha enorme mudanza na configuración urbanística da Compostela. Algunhas destas propostas foron redactadas por grandes mestres da arquitectura do talle de Rafael Moneo, Álvaro Siza, Norman Foster, Antonio Palacios ou Alejandro de la Sota, entre outros. Ademais, unha liña do tempo nomea un total de máis de corenta proxectos non executados pouco coñecidos.

As salas da Casa do Cabido estrutúranse en catro bloques temáticos: A primeira delas fala da Catedral e a súa contorna; a segunda, tamén no primeiro andar, está dedicada á Alameda e as aperturas de Compostela; xa no andar superior atópase unha sala que trata do Ensanche e os bordos do Casco Histórico e, para finalizar, Os límites urbanos, as últimas décadas.

Pezas orixinais

O carácter do traballo é eminentemente divulgador e destinado ao público xeral. Para facilitar a comprensión de todos os traballos, cóntase con máis de trinta paneis informativos e medio centenar de planos, ademais de recreacións en 3D, ortofotos e reproducións axonométricas dalgúns dos seus principais proxectos.

Tamén se conta con pezas orixinais como o plano da Praza de Santa Susana (1782), imaxes das escavacións na Quintana en 1964 onde se descubriron restos da cabeceira gótica da Catedral, maquetas non executadas da Cidade da Cultura ou bosquexos orixinais do arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota para a Biblioteca Intercentros da USC (1993).

‘Santiago proxectado, arquitecturas non construídas’ dispón dun total de cinco pezas audiovisuais, entre as que destaca unha recreación hipotética da cabeceira gótica que comezou a construírse en 1258 na Catedral de Santiago que foi paralizada de maneira inmediata ou un documental inédito do Edificio Castromil gravado pouco antes da súa derruba en 1975 que inclúe as derradeiras imaxes do interior do edificio e o proxecto realizado para a súa rehabilitación que foi finalmente desbotado.

Tamén haberá testemuños exclusivos realizados para esta mostra por parte de expertos ou algún dos autores dos proxectos como é o caso de Rafael Moneo ou Álvaro Siza, que falan dos seus proxectos non executados na capital galega.

‘Santiago proxectado, arquitecturas non construídas’ estará aberta ao público na Casa do Cabido da Praza de Praterías ata mediados do mes de febreiro. Terá entrada libre e un horario de martes a sábado de 10h a 14h e 16h a 20h e domingos de 11h a 14h. Os luns permanecerá pechada.

Post navigation

Previous: Frades impulsa a comunidade enerxética “Frades Enerxía”
Next: A hostalería de Santiago acusa a urbanismo de facer un “uso restritivo da norma”

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.