займ срочно

O domingo pecha a exposición “Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo”

0

Compostela, 4 de maio do 2023 – O vindeiro domingo día 7 de maio pechará as súas portas a exposición “Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo” que se pode ver na Casa do Cabido.

“Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo” fai un seguimento polas voces que compuxeron Radio Galicia ao longo dos seus noventa anos de historia, así coma os seus programas, eventos e noticias.  Tamén se poden ver obxectos únicos como radios antigas ou a placa orixinal de EAJ-4. Os visitantes teñen a oportunidade de escanear cos seus teléfonos móbiles distintos QR cos que poderán escoitar audios destas nove décadas de vida.

Na primeira das salas cóntanse os inicios de EAJ-4, e a historia de Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, a primeira figura mediática da emisora. Na segunda delas expóñense fotografías das voces dos locutores que formaron parte da historia de Radio Galicia durante as décadas intermedias do século XX como son Ángel de la Peña, Isabel Carou, Pili Pereira, ou Santiago Davila, entre outros.

Na seguinte das estancias amósanse aqueles recordos das últimas décadas que poden ter máis recentes quen visite a exposición. Entre eles están locutores como María Tereixa Navaza, Pepe Domingo Castaño, Rodolfo Irago, Antonio Bermúdez, Aida Pena ou Xaime López.

Xa por último, a cuarta sala da mostra está dedicada a dar a coñecer os membros actuais da emisora compostelá, tanto traballadores da redacción como técnicos, persoal de administración ou comerciais. Tamén se poden ver na Casa do Cabido as estatuíñas dos tres Premios Ondas que conseguiu Radio Galicia.

A mostra pode visitarse de balde en horario de 10h a 14h e de 17h a 21h ata o sábado, e o domingo, derradeiro día, poderá facerse entre as 11h e as 14h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies