займ срочно

A Amnesia de Clío, unha opera galega producida en Galicia

0

Compostela, 30 de outubro do 2019 – Onte presentábase a ópera A Amnesia de Clío do compostelán Fernando Buíde e producida pola Xunta de Galicia e a compañía Voadora.

Será estreada o 10 de novembro no Auditorio de Galicia coa participación da Real Filharmonía e o Orfeón Terra Nosa dirixido por Miro Moreira. A Amnesia de Clío ten libreto de Fernando Epelde e a dirección escénica corre a cargo de Marta Pazos e a musical de Paul Daniel.

Muller en mundo de homes

A amnesia de Clío é unha ópera contemporánea de gran formato cunha temática moi actual: o cambio de paradigma que supón a entrada da muller tanto na alta política, rexida habitualmente por impulsos testosterónicos, como no mundo da arte, subvertendo a relación musa/artista.

Presentación A Amnesia de ClíoTrátase dunha viaxe extravagante, na que a realidade histórica e a ficción políticas entrecrúzanse para crear unha obra cun pé na realidade e outro na distopía, unha distopía escrita en clave feminista. Xoga con realidades que mesturan arte e política, inspiración e realidade, e faino partindo de feitos constatados. Como por exemplo, a vertente artística desenvolvida polo ex presidente dos Estados Unidos George W. Bush tras a súa saída da Casa Branca, cando comeza a pintar retratos doutros dirixentes políticos ou dos soldados que enviou á guerra de Irak. Todo iso vertebrado a través da figura de Clío, musa da Historia encarnada no libreto por unha muller forte, unha artista plástica cunha vida chea de matices que a levan a desembarcar na vida política. Unha viaxe en sentido inverso á do seu antagonista na ópera: a musa rebélase para reivindicar o papel da muller máis aló da inspiración.

Presentación A Amnesia de ClíoO autor

A ópera é o resultado de dous anos de traballo do compositor compostelán Fernando Buíde. Doutorado na Universidade de Yale, foi compositor residente na Real Academia de España en Roma. Durante a temporada 2014-15 foi o compositor español actual máis programado por orquestras sinfónicas profesionais de España. Entre outros premios recibiu o AEOS-BBVA na súa sétima edición, o premio Michael Friedmann de investigación da Universidade de Yale ou o premio Harry Archer de composición orquestral.

Presentación A Amnesia de ClíoO elenco

A batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, Paul Daniel; coa colaboración como director asistente do mestre galego Pablo Devigo. Serán máis de 70 artistas en escena. O rol feminino principal, o da musa Clío, interpretarao a soprano canaria Raquel Lojendio. Ademais, contarase coas voces do barítono valenciano Sebastià Peris no papel de George e da mezzosoprano cántabra Marina Pardo como Mannon/Merkel; xunto ao compostelán Orfeón Terra A Nosa que dirixe Miro Moreira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies