займ срочно

Et Suseia Danza estrea en Compostela ‘O que non se ve’

0

Compostela, 24 de abril do 2023 – O vindeiro venres Et Suseia Danza estreará no teatro Principal de Compostela “O que non se ve”, unha peza na que mesturan danza tradicional e contemporánea.

O espectáculo forma parte da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Et Suseia representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Búscase mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres galegas.

A compañía explica que o seu nome, Et Suseia, é un saúdo de ánimo entre peregrinos que significa “Imos alá” ou “Máis alá”. Con “O que non se ve” queren precisamente ir máis alá e conxugar estilos moi diferentes, pero á vez con moito en común.

Aportan tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, mergullándose na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudan as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosan o poder da muller na tradición oral.

A cita no Teatro Principal será o venres 28 ás oito e media da tarde. As entradas a 10 euros (cos descontos do 50% para os colectivos habituais) poden mercarse na web compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C ou no do Teatro o propio día do evento.

Et Suseia Danza

Et Suseia fundouse a finais do 2021, despois da unión de sinerxías entre o baile tradicional e a danza contemporánea, máis concretamente no comezo de colaboración entre o OCT Ultreia e o Ballet de Galicia.

En pouco tempo buscaron crear o seu espazo dentro da Danza de Galicia, realizando diferentes actuacións polo noso país e polo resto do estado. Tamén lograron acadar diferentes premios coma o primeiro premio no Certame Coreográfico organizado pola ASPG. (2021); o terceiro premio da categoría Fusión, dentro do concurso Vigo Porté. (2021); ou ser finalistas do concurso Interritmos- Son do Rural, organizado pola Asociación DELOA (2021).

No novo espectáculo as coreografías foron creadas por Erick Pegueros, Diego Landín e Gustavo Couto. Mestúranse co son da música de tradición oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego, nas melodías que grazas a elas chegaron ata nós.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies