Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Chega ás pantallas “Prefiro condenarme” de Margarita Ledo

prefiro-condearme-estrea-21-novembro-2024-(4)_r

Compostela, 21 de novembro do 2024 – Hoxe preséntase en Cineuropa e mañá chega as salas de cine “Prefiro condenarme” o novo traballo de Margarita ledo que puidemos ver nun pase para  a prensa o pasado día 9.

“Prefiro condenarme” camiña na linde entre o documental e o biopic. Sorprende un pouco máis en cara xiro do camiño e acaba por deixar ao espectador contrariado por unha realidade tan próxima no tempo e tan medieval nos feitos.

A historia de Sagrario Ribela Fra que foi levada ante o Tribunal eclesiástico de Compostela acusada de adulterio. Unha acusación da que, contra todo prognóstico, é absolta. Máis alá de ese momento está a propia vida da protagonista e dos que a rodean, un decorado que encaixa como un guante na data do 25N.

A película estreouse no Festival de Sevilla e acadou unha mención especial. O xurado destacou de “Prefiro condenarme” “la importancia de recuperar el empoderamiento de las mujeres, las historias del pasado que fueron silenciadas no solo políticamente sino cinematográficamente; por todas esas mujeres cineastas que no tuvieron voz; por la necesidad de contar las historias injustas y olvidadas de nuestras abuelas y madres”. A esta mención Margarita Ledo daba un valor especial como podemos escoitar

Sobre Margarita Ledo

Margarita Ledo Andión, catedrática en comunicación audiovisual, escritora, investigadora e cineasta, o seu filme Nación (2020), acadou o Premio á mellor dirección de película española no Festival de Cine Europeo de Sevilla-2010 o Mestre Mateo-2021 e ten o distintivo do ICAA como filme recomendado para o fomento da Igualdade de Xénero sendo pre seleccionado para os Goya.

Autora d’ A cicatriz branca (2012) sobre as mulleres que emigraron soas, de Santa Liberdade (2004), que narra aquela acción galego-portuguesa contra as ditaduras de Franco e Salazar, ou de Liste, pronunciado Líster (2007), é Premio Nacional da Cultura Galega-2008 en Cine e Audiovisual, Premio Otero Pedrayo-2017, Premio Cineuropa-2020, Premio Mulleres en Foco-2021 da Deputación de Pontevedra e a asociación CIMA, Premio Fernando Rey-2022 da AGA, Mestre Mateo de honra 2022 ou Premio Pedigrí do Festival de Cans-2022. Ademais, os seus filmes Santa liberdade e Nación foron adquiridos recentemente polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía para facer parte da súa colección permanente.

Equipo

Dirección de Margarita Ledo Andión; guión de Margarita Ledo Andión e Eva Veiga; dirección de fotografía de Alberte Branco AEC; música de Carme Rodríguez; montaxe de Clara G. Nieto; documentación de María Soliña Barreiro; dirección de arte de Carme Triñanes; produción executiva de Olaia Ledo Díaz.

O equipo artístico está formado por Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro e Antón Lopo coa colaboración especial de Mónica de Nut e Zé Paredes. Producida por Nós Productora Cinematográfica Galega S.L e distribuída por Atalante.

Post navigation

Previous: Frades remata a mellora de 3 camiños en Abellá, Galegos e Mesos
Next: Teo divulga o uso do contedor marrón para residuos orgánicos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.