Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Plantón do persoal da escola de música municipal de Compostela

compostela-peche-traballadores-escola-de-musica-slide-9-maio-2018_r

Os traballadores cancelan todas as actividades e reclaman a municipalización da escola para solucionar a “precarización que sofren no seu traballo”

Imaxe de arquivo doutra protesta no ano 2018

A representación sindical da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela ven de emitir un comunicado no que cancelan todas as actividades previstas para estes días como protesta pola súa situación laboral.

Cancela de este xeito a Andaina Musical, unha actividade que se celebra cada ano na contorna de Santiago e na que participan máis de 200 persoas. Suspéndese tamén  o Festival de Fin de Curso previsto para o vindeiro venres, un acto que tradicionalmente reúne máis de 400 familias no Auditorio de Galicia.

O delegado de persoal pola CIG-Ensino ,César Gil, en representación de todo o cadro de traballadores, envía esta nota da que din estar dirixida a “toda a cidadanía”. Un comunicado que transcribimos na súa integridade.

“O persoal da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela leva anos sufrindo unha progresiva precarización das súas condicións laborais, agravada no último concurso público. Malia tratarse de persoas licenciadas e tituladas superiores, que desempeñan perfís profesionais semellantes e funcións equiparables ás doutras escolas municipais de música, o salario base bruto anual que se aplica en Santiago é significativamente inferior. A esta situación súmanse xornadas parciais e a xeneralización de contratos fixos discontinuos, que impiden garantir unha mínima estabilidade laboral.

Esta situación afecta tamén ao funcionamento e á calidade do proxecto educativo, limitando o seguimento do alumnado e a organización de actividades complementarias, malia o esforzo e implicación constante do cadro profesional.

O actual goberno municipal, conformado polo BNG e Compostela Aberta, incluía no seu programa electoral o compromiso de municipalizar a Escola Municipal de Música co obxectivo de estabilizar o emprego. Porén, a día de hoxe, a xestión do servizo mantense externalizada e, malia os distintos intentos por parte do persoal de mellorar as súas condicións laborais, a resposta da empresa concesionaria foi sempre negativa.

Ante este escenario, e tras anos asumindo en solitario a defensa do valor e da función pública da Escola Municipal de Música, o persoal acorda suspender toda actividade organizada pola escola que non sexa estritamente lectiva, como medida de protesta e dignificación do seu labor.”

Agradecemos de antemán a súa atención e a difusión deste comunicado, dada a súa relevancia social e educativa para a cidade de Santiago.

Post navigation

Previous: Melide aproba a Conta Xeral do 2024
Next: O máis lido en Lindeiros do  2 ao 6 de xuño

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.