Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entroido
  • Xeral

O Meco volverá a abrir o Entroido de Compostela

Unha das tradicións máis divertidas de toda a bisbarra e a do Meco en Compostela, que volverá este ano ao balcón do Pazo de Bendaña.
compostela-programacion-entroido-slide-9-febreiro-2023_r

Compostela, 9 de febreiro do 2023 – Unha das tradicións máis divertidas de toda a bisbarra e a do Meco en Compostela, que volverá este ano ao balcón do Pazo de Bendaña.

O vindeiro sábado 18 haberá de novo un desfile do Meco que partirá as oito da tarde da Praza do Obradoiro. Acompañado polos Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño, percorrerá as rúas do casco vello ata chegar ao Toural. Ali terña lugar o pregón do Entroido 2023 que estará a cargo de Talía Teatro.

2017
2018
2020

O concelleiro de Festas, Sindo Guinarte, e a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, explicaron en rolda de prensa o programa de actos do Entroido 2023 en Compostela. Ao día seguinte de colocar ao Meco en Bendaña. O domingo comezará coa animación de rúa dos Conformistas de Conxo e cos Entroidos de Vilariño de Conso e Santiago de Arriba (Chantada). A cita central da xornada será o Festival Infantil de Disfraces que se celebrará na Sala Capitol e no que poderá participar todos os menores de 14 anos, con entrada libre e inscrición previa (entre as 16.30 h e as 17.45 h). Haberá baile, sorteo de agasallos e concurso de disfraces en tres categorías: individual, parella ou grupo.

Os cativos serán tamén os protagonistas das propostas programadas para o luns 20 de febreiro. No CSC Maruxa e Coralia haberá obradoiros de máscaras divertidas entre as 10.00 e as 14.00 horas, con reserva de prazas no propio centro. Pola tarde tamén haberá pasarrúas coa charanga Bicoia e os Armatroulas de Laraño, dende a praza Roxa ata a rúa de San Pedro.

Destaca, ademais do Meco, o tradicional desfile de disfraces o martes 21 no que se premiarán as mellores parellas, grupos, comparsas ou carrozas. Partirá da avenida de Ferrol ás 17.30 horas e percorrerá as rúas Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e avenida de Xoán Carlos I. Ao remate do percorrido, os participantes concentraranse na Sala Capitol, onde a partir das 20:00 horas terá lugar a presentación do espectáculo Entroidanzas, con Pesdelán, e, posteriormente, a entrega dos premios do desfile.

Xa ao día seguinte, o mércores 22 de febreiro, Santiago despedirá o Entroido coa Queima do Meco na praza Roxa, despois do seu desfile dende a praza do Toural pola rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro e República do Salvador. Todas as persoas que o desexen que deberán vestir rigoroso loito para a ocasión.

Xenerais da Ulla

A programación complétase co Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla que o sábado 25 protagonizará o desfile das Xeneraliñas da Semente ás 12.00 h dende Santa Clara e con remate na praza de Cervantes, onde poderanse escoitar os tradicionais vivas e atranques. Tamén haberá ocasión de vivilos nas parroquias de Marrozos (sábado 11), Angrois (domingo 12), Aríns (sábado 18) e O Eixo (domingo 19). Neles está inspirado o cartel deste ano, obra do deseñador Álex Rozados.

O propio día 25 de febreiro aínda se poderá desfrutar da festa cos Entroidos rurais en Compostela de 18.00 h a 19.30 h e co Entroido de Conxo (durante todo o día), organizado pola Coordinadora de Festas Tradicionais do barrio.

Post navigation

Previous: O icónico mito do deportivismo, Fran González, padriño da XI Gala do Deporte de Negreira
Next: Brión aproba 450.00 euros de investimento a través do POS da Deputación

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.