Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Entroido Compostela 2025

compostela entroido 2025_3 slide

Compostela, 23 de febreiro do 2025 – O Entroido de Compostela foi presentado este venres nunha rolda de prensa presidida polo Meco, este ano un Meco enredando.

Este ano o pregón do Entroido será moi especia xa que as xeneralas do Ulla Lucía Domínguez e Alba de Santos serán as responsables de abrir a festa o sábado 1 de marzo.

Manuel Méndez foi encargado de presentar o seu Meco 2025. Estará no Pazo de Bendaña, no Toural, presidindo o Entroido ata o mércores 5 de marzo cando será queimado na Praza Roxa.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, dixo que o Meco de este ano é o protagonista desta “época de diversión e irreverencia, e con moitas ganas de troula”. As festas esténdese desde xa, este sábado comezou o Entroido en Marrozos, ata o 14 de marzo cando remate en Conxo.

Programación

O Entroido arranca oficialmente o sábado 1 de marzo co tradicional desfile do Meco, que partirá ás 20 h da praza de Cervantes acompañado polos Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño, ata chegar ao Pazo de Bendaña, onde quedará instalado ata o día 5.

Dende o balcón escoitará o pregón de inicio das festas a cargo de Lucía e Alba, xeneralas da Ulla, dúas mozas compostelás, “que farán mofa e sátira de asuntos de carácter local sucedidos durante o ano” con “retranca e diversión van estar aseguradas”, destacou PIlar Lueiro. “Coa elección das pregoeiras  tratamos de visibilizar todo o traballo que hai detrás do entroido de todo o Concello, tanto na cidade coma nas parroquias, e homenaxear a todas esas persoas que durante anos loitaron por non perder a tradición dun entroido rural que data do séc. XIX e que foi declarado no ano 2013 Festa de Interese Turística”.
A cita central da xornada do domingo será o Festival Infantil de Disfraces que se celebrará na Sala Capitol e no que poderá participar calquera neno ou nena menor de 14 anos, con entrada libre e inscrición previa (entre as 16.30 h e as 17.45 h). Haberá baile, sorteo de agasallos e concurso de disfraces en tres categorías: individual, parella ou grupo. Os premios son doados por El Corte Inglés. 
Martes de Entroido
O día grande do Entroido, o martes 4 de marzo, traerá o agardado desfile de Entroido, que partirá da avenida de Ferrol ás 17.30 horas. Ao remate do percorrido, os participantes concentraranse na Sala Capitol, onde a partir das 20 horas terá lugar a actuación da charanfa Ardores, e, posteriormente, a entrega dos premios do desfile.

A concelleira anunciou que, como xa se fixo o ano pasado, “todos e todas as compostelás que participen e non resulten premiados van ir a un sorteo polo que percibirán unha gratificación simbólica pola súa participación”.
Xa ao día seguinte, o mércores 5, Santiago despedirá o Entroido coa tradicional “comitiva fúnebre que levará o Meco dende a praza do Toural até a praza Roxa coa participación das comparsas que o levaron o propio sábado: os Conformistas, a Ruliña, os Armatroulas e a Charanga“BB+” para a súa incineración ás 21 horas. Todas as persoas que o desexen que deberán vestir rigoroso loito para a ocasión.

A programación complétase co Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla que o sábado 15 protagonizará o desfile das Xeneraliñas da Semente e co Entroido de Conxo que ofrecerá unha amplo programa de actividade ao longo de toda a xornada. O xoves 6, tamén haberá no Espazo Apego un obradoiro de chapeus de Xeneraliñas da Ulla e de atranque.

2018
Subida do Meco en Compostela
2017

Pilar Lueiro pechou a súa intervención expresando o seu agradecemento ás “comparsas compostelás, xa non se entende o Entroido sen elas na cidade”, e “ás comisión de festas e unións carnavalescas das parroquias do rural como son Marrozos, Angrois, Aríns e o Eixo pois manteñen viva a tradición e grazas ao seu traballo traballo fan que a veciñanza se divirta e goce cos seus coros, comparsas, vivas e atranques dos e das xenerais do Ulla”.

Cartaz

Este ano o deseño e a idea orixinal son obra da debuxante, pintora e ilustradora Blanca Rodríguez Millán, que ten unha fonda vinculación con Compostela. As ilustracións reflicten a identidade compostelá a través de figuras simbólicas do noso concello como os/as xenerais, as Marías ou a Berenguela que se suman con humor e atrevemento ao espírito do Entroido. 

O meco 

Nesta ocasión o Meco está inspirado na presenza das redes sociais na sociedade, facendo alusión a Trump e a Elon Musk, detallou o seu creador, José Manuel Méndez que explicou que se trata do boneco número 33 que realiza para o Entroido compostelán, aínda que se cumpren 40 anos desde que o Concello decidiu apoiar a idea de incluílo nas Festas. 

Post navigation

Previous: Entroido de Melide 2025
Next: Nova sesión dos Encontros Americanos na Granell

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.