Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Somos Pandeireteiras, un encontro único en Compostela

compostela somos pandereteiras SLIDE 7 abril 2025

O 17 de maio, coincidindo coas Letras Galegas dedicadas ás Cantareiras, celebrarase en Santiago o encontro Somos Pandereteiras, unha reunión que inclúe unha gran foliada aberta á cidadanía.

A asociación de mulleres tocadoras Somos Pandereteiras celebrará a súa segunda xornada pública o sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas. A cita, que nesta ocasión estará apoiada polo Concello de Santiago a través de Compostela Cultura, celebrarase en horario de tarde, á fin de favorecer que poida asistir o maior número de tocadoras tanto ao encontro como á foliada posterior, aberta á cidadanía. 


Somos Pandereteiras naceu no 2021 como un espazo de reflexión para as tocadoras de Galicia, o que deu pé á celebración, en Carballo, do primeiro encontro galego de tocadoras. Desta cita e do traballo que se desenvolveu posteriormente, xurdiu un libro homónimo editado por Xerais no 2024 así como a constitución da primeira asociación de mulleres tocadoras galegas. 


Co gallo da homenaxe ás cantareiras nas Letras Galegas de 2025, e da man do Concello de Santiago, Somos Pandereteiras promove unha segunda xornada pública que se desenvolverá o 17 de maio en horario de tarde no Auditorio de Galicia.

Nun primeiro momento, de 15.30 a 20.00h, celebrarase un encontro con mesas redondas e de traballo, cuxa participación será gratuíta previa inscrición a través do portal web www.somospandeireteiras.gal Unha vez aconteza o peche deste encontro, celebrarase unha gran foliada aberta á veciñanza. 

A a Xunta directiva de Somos Pandereteiras, conformada por Gisela Sanmartín, Mercedes Peón, Ana Fernández e Mar da Bouzas, lembra que a esta gran foliada poderán asistir todas aquelas persoas que así o desexen de calquera punto de Galicia, sen outra intención que bailar e festexar, a través da música, o papel das tocadoras na transmisión da lingua e da tradición oral. 

Post navigation

Previous: Benigno Ledo, o “Cura das abellas”
Next: A mellor danza universitaria de Galicia chega a Compostela

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.