Compostela, 3 de abril do 2024 – Foi unha das decisións que se avanzaron mesmo desde antes das eleccións; a necesidade de recuperar Emovisa, a empresa municipal de vivenda de Compostela.
Hai uns días deuse o primeiro paso en esa dirección coa constitución da Comisión Especial que se encargará de este asunto. O obxectivo ´´e que a nova empresa municipal mellora as condicións de acceso á vivenda e á rehabilitación e recuperación do patrimonio inmobiliario de Compostela.
Foi hai dous anos e medio, en novembro do 2021, cando o pleno municipal aprobaba crear a comisión que ven de constituírse tras a petición da secretaria municipal aos distintos grupos para que designaran representantes. O órgano terá agora que preparar a memoria xustificativa e da Proposta de estatutos da nova sociedade mercantil de capital integramente municipal.
A nova Comisión de Compostela contará, ademais dos representantes políticos, con persoal técnico de Secretaría, Urbanismo, Asesoría Xurídica, Orzamentos e Intervención. Ao mesmo tempo a área de Urbanismo procederá proximamente á contratación do asesoramento técnico para a redacción da Memoria xustificativa esixible no procedemento de constitución da nova sociedade.
A mova empresa buscará a creación gradual dun parque de vivenda de titularidade municipal en réxime de alugueiro que contribúa a paliar o déficit habitacional. Compostela quere conseguir unha ferramenta ao que mellore as condicións de acceso á vivenda ao tempo que preserva o patrimonio edificado.
As súas actuacións no ámbito da promoción, posesión, xestión e administración do solo, da vivenda e dos equipamentos públicos desenvolveranse no marco dun modelo urbano que “aposta pola recuperación e reutilización do parque residencial existente e guiaranse polos principios da sostibilidade, racionalidade, eficiencia, eficacia, calidade e equidade”.