Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Propoñen que os edificios de Maxisterio e Enfermaría acollan a Escola Oficial de Idiomas

O BNG de Santiago de Compostela propón que o vello edicio de maxisterio albergue no futuro a Escola Oficial de Idiomas
bng-edificios-escola-idiomas-slide-normal-2-febreiro-2023-(2)_r

Compostela, 2 de febreiro do 2023 – A necesidade de máis e mellor espazo para a escola de idiomas de Santiago é unha realidade que se impón ano a ano e que se demanda desde a institución desde hai tempo.

O BNG levará a pleno unha moción que se propón destinar os edificios de Ciencias da Educación, coñecido por todos como Maxisterio,  e Enfermaría á nova Escola Oficial de Idiomas. Compostela tería que cambiar o planeamento urbanístico e a Xunta comprar e rehabilitar os edificios.

Goretti Sanmartín

A voceira nacionalista ,Goretti Sanmartín, explicou que estas parcelas teñen na actualidade uso hoteleiro, “un uso que, desde a nosa perspectiva, debe modificarse o máis axiña posíbel para garantir que existan, nas proximidades da cidade histórica, usos vinculados a servizos que se presten para persoas residentes, para o conxunto da poboación da comarca de Compostela e para que se manteña o uso educativo”.

A voceira do BNG considera que se trata dunha decisión estratéxica sobre o modelo de cidade que se quere “Cómpre facer unha reflexión sobre os usos que queremos ter e xulgamos errada a liña de expulsar do centro todo aquilo que lle dá vida no día a día”, afirmou. “Son estas decisións transcendentes, que poden provocar mudanzas relevantes na recuperación da vitalidade da cidade histórica, porque queremos unha cidade para vivir, para as persoas que residen aquí, e non un escaparate para ver, un decorado de película”.

Trátase dunha superficie de 8.948 metros cadrados que supera a parcela situada en Santa Marta, 6.200 m2, que o concello ofreceu á Xunta para a Escola de Idiomas. O BNG estima que cómpre catalogar e protexer eses inmóbeis, de maneira particular as súas fachadas. Lembra ademais que cando cumpriu 20 anos houbo un compromiso público da Xunta e do Concello para solucionar as demandas históricas.

As condicións actuais da Escola Oficial de Idiomas incumpren o Decreto 81/2018 de 19 de xullo de 2018 das ensinanzas de idiomas de réxime especial en Galiza, que determina as características das instalacións e recursos docentes. Santiago de Compostela é unha cidade universitaria, con alta afluencia de turismo estranxeiro e cabeceira de comarca. Mais por esta carencia de espazo na Escola Oficial de Idiomas, só se poden impartir sete linguas, cando hai demanda doutros chinés, de xaponés, de ruso, de árabe que non se poden ofrecer. O 19 de outubro de 2017 aprobouse no Pleno unha declaración institucional para reclamarlle á Xunta a construción do novo edificio da Escola Oficial de Idiomas. Deste xeito, a Escola pode ser un importante elemento de dinamización, crear sinerxías coa biblioteca Ánxel Casal e co Colexio López Ferreiro, e será unha maneira de dinamizar a zona histórica e de ocupar o centro da cidade con residentes. Os datos de alumnado son relevantes, 3005 alumnos/as oficiais, sen contar  co alumnado libre, distribuído este curso en 2427 en Vite e 578 en Sar.

Post navigation

Previous: Ames presenta o programa de Entroido
Next: Dodro mellora a seguridade viaria en Eiró

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.