займ срочно

A Semana do Libro de Compostela, SELIC, volve á Quintana

0

Compostela, 1 de xuño do 2023 – Despois dunha edición no Toural, a SELIC, Semana do Libro de Compostela, volve ao seu lugar de orixe na Praza da Quintana.

En esta edición o festival de lectura incorpora ademais un evento centrado na novela negra. Na  fin de semana do 17 e 18 de xuño reunirá ao máis destacado do panorama ibérico en este estilo baixo o título de SELIC Criminal.

Esta edición da SELIC comezará o 9 de xuño e durará ata o 18. Crece en moitos sentidos xa que o número de postos de librerías e editoras chega aos 26. A media de actividades diarias é de seis e haberá como mínimo un paseo diario.

SELIC Criminal

A gran novidade desta VII edición é a estrea da SELIC Criminal, unha sección coordinada polo profesor e escritor Xaquín Núñez Sabarís, que nace con vontade de ser cita de referencia do xénero en Galicia.

A autoras e autores galegos como Diego Ameixeiras, Pedro Feijoo ou Patricia A. Janeiro, súmanse nomes como Arantza Portabales ou Lorenzo Silva, así como dous dos principais autores portugueses do xénero, Francisco J. Viegas e Francisco Moita Flores. Procurando ofrecer unha perspectiva heteroxénea, non só a literatura terá presenza, senón que tamén haberá oco para o audiovisual, con convidados como o guionista Pepe Coira.

Un festival arredor do libro

A SELIC continúa cunha programación que conxuga a lectura con outras disciplinas, principalmente a música, o teatro e o audiovisual. Unha das citas imprescindibles será unha performance de Chévere que contará con Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira que acercará a súa obra publicada.

No apartado de lectura e música, que na última edición contou con Santiago Auserón e James Rhodes, estarán a cantautora madrileña Cristina Rosenvinge ou o mozambicano João Afonso. Ademais, un concerto-recital xuntará a Olga Novo e Su Garrido Pombo, nunha actividade desenvolvida a proposta da SELIC.

Colaboracións

A SELIC contará nesta edición coa colaboración da Fundación Antonio Pereira e da Fundación Carlos Casares, así como do Festival Internacional de Narración Oral Atlántida, da Biblioteca Ánxel Casal e de Agareso. Igualmente, mantense con forza a liña de traballo a nivel escolar, con visitas de alumnado de cinco centros de ensino (non só de Compostela, senón tamén de Brión ou Fisterra), que gozará de programación específica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies